domingo, 22 de julio de 2012

Pontevedra, outubro de 1934 (3)




Ao día seguinte, as forzas conservadoras pontevedresas comezan a recollida de donativos con destino a unha homenaxe que se tributaría ás forzas do exército e da orde pública e que tiña como finalidade rehabilitar a imaxe das forzas que participaran na represión destes días. Destacan o gobernador civil, Diego Fernández Gómez (500 pesetas), o tenente coronel retirado Francisco Lorente Armesto (200), Enrique Marescot (500), a Deputación (5000), Bernardo López Suárez e o seu fillo (500), José Malvar Corbal (300), a patronal (5000), Víctor Lis (50) e, entre outros, como xa dixemos, Castelao (18,30). Noutras datas tamén atopamos as doazóns do Claustro de profesores do instituto (244,30), Unión Femenina de Derechas (500), do notario Antonio del Río (250), etc.
Pola noite, tiroteo na rúa Cousiño. Instrúese xuízo sumarísimo contra Juan Manuel Gómez Corbacho, acusado de fabricar bombas e detido no garaxe de Fonseca cando manipulaba botellas de líquidos inflamables, e contra Manuel Amoedo por posesión de armas.
 O día 16 comezan as sesións do tribunal militar, preside o tenente coronel xefe da caixa de reclutas, Fernando Sánchez González, e de vocais exercen os capitáns Eduardo Rodríguez González, José Álvarez Sánchez, José Albert Meléndez, José Fernando Ponte Conde e Manuel Casal Castro.
Continúan as detencións: José Bolaño, Manuel Muíños, Saturnino Fragueiro, presuntos implicados na fabricación de explosivos, Manuel Pérez Calvo, estudante de 16 anos por dar vivas á revolución social, Luis López Méndez, Valeriano Riobó, Carlos Varela e José Cortizo, o último por atentado. Por falta de espazo e mal estado das instalacións do cárcere capitalino, moitos dos detidos son conducidos ao pontón Minerva do Polígono de Tiro Naval Janer en Marín. O día 18 restablécese a pena de morte.
Fóra do xugo da censura, o xornal Acción Gallega (20-10-34), órgano da Federación de Sociedades Gallegas de Bos Aires, fai unha durísima crítica da represión gobernamental e escribe:
 El triunvirato Alcalá-Lerroux-Gil Robles llenó a España de sangre y lágrimas. Con los cañones, los aeroplanos y tropas y legiones marroquíes, la dictadura monárquico-clerical-fascista aplastó los anhelos de justicia y libertad del pueblo español.
 No apartado “No hay nacionalismos, solo hay dos clases” critica a inacción dos partidos nacionalistas:
 En cuanto a los nacionalistas vascos y gallegos, tampoco se han movido, a pesar del programa autonomista de la Alianza Obrera. Solo hemos visto a los obreros luchar heroicamente y a las clases privilegiadas apoyando a los tiranos.
Pouco a pouco recobran a liberdade algúns dos detidos, o 1 de novembro libérase ao policía municipal Dionisio González que fora acusado de
repetidos actos de coacción con las lecheras y otros proveedores de los mercados públicos de la capital, a quienes exhortaba – según dijeron- para no aprovisionar Pontevedra.
O día 4 poñen en liberdade a Clemente Baltasar, Manuel Loureiro, José Fontán, Valentín Ramírez, Diego Bouzón (de Marcón) e Francisco Piedras (de Xeve), este último detido por repartir follas clandestinas e os outros por coaccións.
Pero as detencións continúan nos meses seguintes: o 8 de novembro prenden ao dependente de comercio de 19 anos Esteban Beltrán Paz, por lanzar silbidos no teatro Principal ao aparecer as imaxes do xeneral López Ochoa e outras autoridades. Publícase unha requisitoria contra Alejandro Gama para que se presente ante o xuíz militar Salvador Foronda por estar incurso en delito sinalado no bando do 7 de outubro. O 14 prenden ao mestre socialista de Redondela Manuel Martínez Pereiro, de 42 anos, reclamado polo xuíz militar porque nun rexistro efectuado no grupo escolar atopáronse documentos da Casa do Pobo. Trasladan a Pontevedra ao búlgaro Basilio Voltchkoff, de 31 anos, detido en Vigo por sospeitar da súa participación nos sucesos revolucionarios e ocupárselle folletos extremistas e documentos escritos en búlgaro. Volven a deter a Manuel García Filgueira, Víctor Lamas e AndrésRey como consecuencia dunha denuncia por insultos e ameazas interposta polo tenente de alcalde Eduardo Rodríguez Fontenla “Palomita”, polo mestre de obras Cándido García Hermida e por Evaristo González; García Filgueira e Rey acababan de saír do cárcere.
Continúan os traslados de detidos ao Polígono Janer en continxentes elevados: un grupo de 30 o día sete e de dez o vintetrés. Os últimos presos detidos neste recinto militar sería un grupo de nove, liberados o 27 de decembro.
O día 2 de novembro, o capitán Bernal, que tería un destacado papel represor logo do golpe do 36, marcha a Asturias con 20 gardas civís para formar parte da columna do tristemente celebre comandante Lisardo Doval. A dereita pontevedresa mobilízase organizando actos de apoio ás forzas participantes na represión e de lembranza das vítimas: a Juventud Masculina de Acción Católica organiza un funeral polas vítimas do movemento revolucionario na igrexa de Santa María.
O día 4 celébrase a homenaxe ás forzas armadas, sérvese un viño de honor no concello para xefes e oficiais. No bar Calixto ofreceuse unha comida aos subalternos de telégrafos e teléfonos, con elocuentes palabras do deputado IsidoroMillán, orador habitual neste tipo de actos. Nos cuarteis sérvense comidas especiais ás clases de tropa e o gobernador Diego Fernández diríxelles unhas palabras: 
 Pasaron ya las horas de angustiosa inquietud, de zozobra y sobresalto. Las gentes, que en horas de locura y de terrible insensatez, se lanzaron un día a la revuelta, empujados por un afán bárbaro de destrucción, y que en sus demasías llegaron a los más execrables excesos, y ni siquiera se han detenido ante la propia integridad nacional, vencidos y acorralados, están de nuevo sometidos al imperio de la Ley. [...] Porque el establecimiento del orden y el sometimiento de cuantos, miserablemente, se pusieron fuera de la legalidad establecida, y a la estrangulación rápida y total de la revolución amenazante, se llegó por el esfuerzo admirable, por la lealtad y el patriotismo, por nadie superado, por la disciplina, el arrojo y el espíritu de sacrificio de nuestro Ejército y de nuestra Marina, gloriosos cual el que más, del Benemérito Instituto de la Guardia Civil [...] Españoles: olvidemos nuestras diferencias y hagamos un descanso en nuestras luchas. La tregua patriótica se impone. A ella es obligado llegar. Fundidos en los más excelsos ideales nacionales dispongámonos al cumplimiento de nuestro histórico deber. ¡Viva España! ¡Viva la República!

No hay comentarios: