miércoles, 19 de diciembre de 2012

Claudio Magdalena González

Adicada a Rogelio Torres  pola súa xenerosidade.

Un oficio  asinado polo comandante da Guardia Civil Joaquín Velarde acompañaba a posta a disposición da autoridade xudicial militar de Claudio Magdalena González, acusado de “ser uno de los cabecillas del movimiento iniciado contra el Ejército Español en el mes de julio último por los elementos obreros comunistas de Pontevedra y sus inmediaciones”
    Claudio Magdalena era natural de Vigo, traballara en Oviedo de electricista e establecérase en Pontevedra, onde, ademais de exercer o seu oficio, tiña unha taberna na rúa San Román;  fora directivo do Partido Radical Socialista e, máis tarde, integraríase no partido Unión Republicana.
    O xornal Progreso do día 9 de setembro de 1936 daba conta da súa detención e afirmaba que  a captura fora un tanto laboriosa, debido á boa situación estratéxica en que se atopaba o fuxitivo: un monte desde o  se divisaba toda a comarca. Logo  da saída dos militares á rúa, Magdalena e outros compañeiros buscaron refuxio nos montes de Lérez e no Acibal, durmían no monte ou en alboios das casas que non tiñan cans e consideraban seguras e, polo día, achegábanse a buscar comida ao lugar do Castelo. Pero as forzas represoras baixo o mando de Lis recibiran confidencias sobre os fuxidos e as batidas sucedíanse dia e noite, nunha delas, levada a cabo por un grupo de seis gardas civís e uns sesenta “cívicos”, lograron a detención de Claudio Magdalena o 8 de setembro.
    As acusacións contra el son moi graves e efectúanas destacados membros da Guardia Cívica. Víctor Lis afirma que era un dos principais dirixentes do movimiento obrero contra el Ejército que continuamente estaba en contacto con el ex-Gobernador Civil al que parece servir de asesor o Secretario. Tamén asegura que era  elemento de ideas moi avanzadas e disolventes e que o vira repartindo armas e organizando a xente o 20 de xullo na capital, así mesmo   acúsao de dirixir, xunto con Alejandro Gama, o asalto aos almacéns de Melero e ao local de Acción Popular en febreiro do 36. Outro dos acusadores foi o sarxento do Batallón de Voluntarios Eduardo Rodríguez para quen Magdalena é comunista perigoso, corrobora o dito por Lis e engade que participara na organización do asasinato de Secundino Esperón, que era “policía particular del Frente Popular” e que “ha hecho siempre alarde de su poder e influencia comunista, cuyas ideas propagaba y ensalzaba en su establecimiento de bebidas al que concurrían el Gobernador  Civil Señor Acosta...
    Claudio Magdalena deféndese asegurando que o día 19 foi ao goberno civil para curiosear e que permaneceu alí toda a noite saíndo só para buscar tabaco e cear algo na taberna de Urtaza; recoñece que o 20 acompañou aos que rexistraron a casa da marquesa de Leis, na que atoparon armas de carácter histórico, na do cura de Cerponzóns e noutras casas da zona.
    No consello de guerra o seu defensor, Jaime Aranda, minimiza a súa significación política:

 y Magdalena es un obrero de tantos, sin cultura como es natural, a quien se quiere hacer cabeza de turco cuando lo que el pretendía en estos tiempos era adquirir méritos para lograr la seguridad de un jornal alcanzando la plaza de electricista de la Diputación. [...] No podría Magdalena ser el representante de las organizaciones obreras, desde el instante que no aparece con cargo sindical alguno.
    Pero a sentencia recolle nun dos considerandos:
Que el procesado paisano CLAUDIO MAGDALENA GONZÁLEZ, de significación comunista y que con anterioridad a los sucesos se distinguió interviniendo en atentados contra  las casas y establecimientos de personas de significación derechista, al enterarse del Movimiento militar se persona en el salón de la Diputación de esta capital y con pistola en mano se le ve dando órdenes y repartir armas de fuego, distinguiéndose en las requisas de dichas armas de las casas de personas de significación derechista.
    Condenado a morte, entra en capela instalada no baixo do cuartel da Guardia Cívica e, xunto con outros compañeiros, é fusilado por un piquete de 40 gardas de asalto mandados polo tenente José Rodríguez  ás sete da mañá do sábado 17 de abril de 1937; rexístrase a morte como causada por  colapso cardíaco. Como estaba establecido, a documentación recolle a súa vestimenta: zapatos e calcetíns negros, camisa branca  e pantalón escuro; a sepultura recibiuna en San Amaro, na fosa 34, zona segunda, fila 1ª, en terreos propiedade do concello.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Masonería en Pontevedra (IX). Entre América e A Guarda (2)



Rematamos esta pequena incursión fóra do ámbito xeográfico deste blog e que veu motivada pola inculpación, como membro da loxia pontevedresa Helenes, de Manuel  Vicente Álvarez. Nun auto     ditado polo xuíz instrutor Ángel Colmeiro Laforet, datado o 25 de setembro de 1937, aparece o seguinte resultando:
Que de las actuaciones presentes hay indicios suficientes para aseverar de una manera indubitada la afiliación a la Secta del vecino de Tuy Manuel Vicente Álvarez, como integrante de la Logia Helenes de Pontevedra.
Coidamos que a orde dos apelidos pode inducir a confusión e  aparece rectificada no mesmo documento podendo coincidir con  Manuel Álvarez Vicente, veciño de A Guarda, antigo emigrante a Puerto Rico, alcalde da citada vila  en dúas ocasións  e un dos fundadores  do Recreo Artístico Guardés. A través de diferente documentación podemos afirmar que se trata de Manuel Vicente Álvarez, funcionario de prisións en Pontevedra.
 No considerando deste auto, amparándose  no artigo 470 do  Código de Justicia Militar, decreta la detención del pasiano (sic) de Tuy Manuel Álvarez Vicente líbrese el oportuno mandamiento al Sr Comandante Militar para que dé las órdenes oportunas para su detención e ingreso en la Cárcel y comuníquese en atento oficio a las Superiores Autoridades Judiciales. De seguro que o mandado do xuíz non puido levarse a cabo porque o citado Manuel morrera o 2 de marzo de 1936.
Seguindo a pista de Manuel Vicente Álvarez atopei documentación [TERMC 1260] sobre un sorprendente feito que transcribo integramente:
 CONFIDENCIAL.- Hay noticias de que se prepara contra el Gobierno de Burgos por elementos afectos al parecer al Movimiento Nacional, un golpe de audacia en la Villa de La Guardia, en combinación con elementos fascistas de portugal (sic), los cuales desembarcarían en La Guardia, como turistas, para unirse a las patrullas rojas que andan por los montes y de esta manera poder batir con eficacia a las tropas Nacionalistas.- Se cita como complicados en este movimiento a Gregorio Portela, Francisco Moreno, Norberto Gándara y Hermanos, Jiménez, A. Del Valle, a cargo de los cuales está encomendada la propaganda y recaudación de fondos.- ES COPIA.- Hay un sello en tinta que dice Comandancia Militar de Tuy- S.I.M.
Pero a sorpresa non remata no escrito precedente pois tamén aparece copia dun curioso escrito de pretendida orixe masónica, cheo de abreviaturas e claves, supostamente dirixido a Gregorio Portela dende unha loxia de Puerto Rico:
A .: G.:D.:G.:A.:D.:U.: - Valles de San Juan de Puerto Rico a los 28 días del mes de Julio de 1937.- Sr. Don Gregorio Portela.- La Guardia, España.- Q.:H.: .- Confirmamos la nuestra, y acusamos recibo de la vuestra de fecha 25 de Junio. Sírvase notificar con carácter urgente a los abajo indicados, la siguiente órden. A: Norberto Gándara.-Egidio Fernandez.- Daniel Fernández.- Nicolás Linares.- Arturo del Valle, hijo.- Mariano Jiménez.- José Gómez.- Dr. José Sobrino.- Dr. José Jurado.- ---ORDEN ---.- Traslado inmediato, e individualmente, a la residencia de Manuel Martínez, García Barbón, 63, Vigo. Allí cada uno indicará la cantidad exacta de fuegos para la jente (sic) disponible. Una vez despues de hacer acto de presencia, esos le serán entregados a cada uno en su demarcación.- ---AVISO ---Trasmítase urgentemente a: - Francisco Moreno Álvarez.- Ricardo Lomba.- Generoso Alonso.- Ramón Gándara.- Eduardo Gándara.- Que, hacia el dia:; -”-” ...-arribará a las costas de e121 249;-:, el barco cuyo nombre y matrícula usted conoce, con la expedición de turistas, para contribuir y dar mas realce a las próximas fiestas. Monten servicio en toda la demarcación. Tengan listos los receptores. Señales: ...; cohetes en ...; series, colores, rojo, amarillo, morado. Por radio ...; veces la palabra L.: en ...; series. Apercibidas las señales, despachen inmediatamente a alta mar, todas las embarcaciones disponibles. Los expedicionarios turistas, darán a Ud., otros detalles que ahora omitimos.- Despachen inmediatamente a Vigo, a Sebastián Pérez Carneiro, para que transmita orden verbal que Ud., conoce, en el sitio llamado “/-`.'-, a Manuel González Fresco, para que este, despache otros emisarios a comunicar la orden a los demas interesados en las fiestas proyectadas.- Como nada nos dice Ud., sobre el particular en su citada carta, debemos insistir nuevamente, que, todas las planchas en su poder que se relacionan con los festejos, como tambien sus diplomas de Masón, debe guardarlos en sitio seguro, fuera de su domicilio. Consideramos innecesario dar mas explicaciones.- Firmeza al actuar y buena suerte. Salud.- M. Villegas.-V.:M.: Elegidos de la Patria.-
Algunhas das persoas citadas nos documentos anteriores tiveran unha destacada participación en apoio do golpe militar: Francisco Moreno foi o primeiro alcalde franquista da vila, Gregorio Portela  tamén integrou esa primeira xestora municipal dos sublevados, Mariano Jiménez probablemente fora  Mariano Jiménez Huete, na data do escrito alcalde da vila e José Jurado, médico, ocupou o cargo de Síndico, falanxista de triste recordo pola súa actuación na represión.
En canto aos documentos, parece descartable esa estraña alianza entre masonería, falanxistas, fascistas portugueses, fuxidos como “O Fresco” (daquela facía meses falecido)... Deberiamos apuntar máis ben  a vinganzas dentro do bando sublevado ou a delirios paranoicos dalgún compoñente dos servizos de información.

jueves, 15 de noviembre de 2012

Masonería en Pontevedra (VIII): Entre América e A Guarda. (1)



A estancia en América, sobre todo en determinados países, foi considerada polas autoridades encargadas da investigación sobre a masonería e tamén por moitos veciños, como un signo que aumentaba a probabilidade de pertenza a esta organización. É moi significativa a investigación levada a cabo na vila de A Garda polo brigada, comandante de posto da Guardia Civil naquela localidade, Julio López Gómez, a quen lle ordenaron “investigar si en esta localidad existen elementos afiliados a Sectas o Logias Masónicas y cuanto se relacione con el funcionamiento de estas”.
    Este brigada chamou a declarar a numerosas testemuñas e sospeitosos; varios repiten afirmacións como: “Que por referencias  y al decir de la gente, todos aquellos que residiendo en esta Villa hayan estado en América son masones y especialmente los de posición desahogada, pero no puede precisarlos” (manifestación de E.P.S. O 14-6-1937), “por referencias de los vecinos sabe que a todo aquel que ha estado en Puerto Rico le tildan de masón” (S.F.S. O 14-6-1937). Algúns dos declarantes recoñecen que, cando estiveron no estranxeiro, pertenceron á masonería, outros basean as súas manifestacións nos rumores públicos xa que “es muy difícil poder asegurar los elementos que pertenecen a la masonería por el secreto que guardan entre sí”.
    Un informe da Guardia Civil,  consistente na relación de persoas da demarcación relacionadas coa masonería, froito das pescudas e interrogatorios levados a cabo polo citado brigada, fai constar nunha nota final: “Cabe sospechar que casi todos los que han estado en América están afiliados a alguna Sociedad de las llamadas secretas aún que (sic) no sean socios activos”.
    Unha testemuña que destaca pola exhaustividade  e rotundidade que manifesta é a dun médico da localidade; comeza afirmando “Que le consta que existen masones en esta villa de la Guardia, unos masones en España y otros oriundos de San Juan de Puerto Rico” e relaciona un total de 16 persoas, entre elas: Serafín González Núñez que

 ha buscado prosélitos en esta  localidad, carente de religión católica, ha actuado en política extremista, es inmoral y en general, mala persona, tiene un hijo huído de la persecución de las Autoridades por su intervención en los sucesos revolucionarios y otro condenado a prisión por la misma causa
 José Benito Sobrino por “Masón de toda la vida con alarde de serlo, militó  con los partidos de izquierda, espiritista, indiferente en cuestión religiosa e inclinado en contra de esta doctrina”; Joaquín Trigo Sobrino e señora, “Ambos masones y por su manera de ser se encuentra en situación de actividad sospechosa, son anti-católicos”.
    No citado informe, titulado “Relación de los individuos de la demarcación de este puesto que se dice pertenecen o pertenecieron a sectas Masónicas”, relaciona as seguintes persoas: o alcalde Brasilino Álvarez Sobrino de quen fai as seguintes observacións: “Fue sentenciado a muerte, le ejecutaron embargo por 700.000 pesetas, quiso constituír un Centro con el nombre de Ateneo de tal carácter masónico, dirigentes el y los Noyas, Juan y Manuel, dícese asimismo que el Brasilino tenía una nota de adscritos cuyos nombres relaciono y señalo con paréntesis”; (Joaquín Trigo Sobrino) a quen valoran os bens en 200.000 pesetas, Valentín Trigo Sobrino “vive hotel Tecla”; Emilio Álvarez Alonso, con comercio de reloxería e que “reside en Vigo, fue en América y se supone continúa en activo en España; (Serafín Flores Sobrino) con bens valorados en 80.000 pesetas “fue en América, hoy se dice se encuentra pasivo”;  (Francisco Sobrino (a) El Divorciado) que estaba na fronte servindo no Tercio; (José Mª Baquero) de Tamuxe (O Rosal) con bens por importe de  20.000 pesetas; José Benito Sobrino Rodríguez, sen bens e membro pasivo; (Antolín Silva Vicente), 30.000 pesetas en bens; (Celso Candeira Pérez) con fábrica de serrería; (Antolín Troncoso Vicente), 4000 pesetas en bens; José Vicente Melón, con bens por importe de 80.000 pesetas “fue en América, se dice se encuentra en pasivo” e Camilo Carrero Lorenzo, de Camposancos “fue sentenciado a muerte igual que el Brasilino”.

domingo, 28 de octubre de 2012

Masonería en Pontevedra (VII): Ponte Sampaio.


A afiliación ao partido Unión Republicana era motivo dabondo para ser considerado sospeitoso de masonería; certo é que o seu principal dirixente, Diego Martínez Barrio, era Gran Mestre do Gran Oriente Español e foi condenado o 13 de setembro de 1941, en rebeldía, polo delito de masonería con todos os agravantes, a 30 anos de reclusión maior e accesorias, dada a súa contínua y celosa actividad masónica. Tamén era certa a presenza dun número significativo de masóns nas filas do citado partido.
En diversas fichas pertencentes ao TERMC, no Centro Documental de la Memoria Histórica de Salamanca, aparece información sobre distintas persoas do antigo concello de Ponte Sampaio (anexionado en 1960 a Pontevedra), acusados de afiliación masónica e dos que trato a continuación:
Casimiro Reyes Pazos, “Cagaleche”, desempeñaba o cargo de fiscal municipal; faise constar o seu pasado político: Partido Radical-Socialista (1931-34), Partido Radical (1935) e despois pasouse ao Partido do Centro polo que foi propagandista nas eleccións de febreiro de 1936. “Al entrar el Frente Popular organizó el partido de Unión Republicana de las huestes de Martínez Barrio el gran masón”; figuraba na directiva de U.R. Aparte de masón, acúsano de recibir por correo uns sobres, nos últimos días de xuño do 36, “suponiéndose que era documentación sobre el movimiento revolucionario”.
Outro que aparece como organizador de Unión Republicana e masón é Juan Tenorio Álvarez, antigo alcalde radical- socialista (1933-34). Afírmase que fora o fundador e presidente da Sociedad Obrera de Arcade, afiliada á UGT, e que “ Fué comisionado para entrevistarse con el Gobierno Civil y amenazarle con huelgas obreras”. Engádese que estaba casado polo civil e que odiaba todo o referente á relixión católica. No Diario de Pontevedra (16-9-1938) aparece a orde da Comisión Provincial de Incautación de Bienes mandando instruír expediente sobre declaración de responsabilidade civil.
Non se libra tampouco das acusacións o propio alcalde franquista, Gregorio Fernández Barros, que, segundo aparece na ficha 
es masón; hizo las prácticas como principiante en la Logia de la calle de Obra Pía en La Habana. Ha votado la candidatura íntegra del Frente Popular en las elecciones del 16 de Febrero de 1936, haciendo propaganda reservada a favor del mismo. 
Recálcase a súa condición de comerciante e que se servía da  presenza na alcaldía para ocultar feitos e actividades políticas dos seus clientes, ademais
 como es tendero no secunda las órdenes de la Superioridad respecto a precios de artículos de 1ª necesidad, indicando a los demás comerciantes precios según conveniencias particulares, no atreviéndose la gente a protestar por estar por medio el repetido Alcalde.
 Segundo a ficha era de carácter “especial aparentemente pusilímine (sic), carece del recto criterio que imponen las actuales circunstancias” e estaba moi influenciado polo secretario.

miércoles, 3 de octubre de 2012

Masonería en Pontevedra (VI). Delacións.



Sempre se dixo que a represión non é só froito da actividade dun grupo de asasinos con poder senón que, cando sucede a gran escala, precisa da complicidade, por acción ou omisión, dunha parte importante da poboación. Nos anos do medo, as denuncias anónimas constituíron unha fonte importante para a persecución de moitas persoas, houbo tanto entusiasmo practicándoas que o propio réxime tivo que ditar normas sobre elas e, nalgúns casos, multar aos denunciantes; a xeito exemplarizante, non son raras as novas nos xornais sobre sancións por denunciar feitos non comprobados.
A condición de masón, polo seu carácter reservado, prestábase a este tipo de acusacións nunha época na que a presunción de inocencia non era a norma. Son abundantes os testemuños nos que se acusa de pertenza á masonería, algúns de particulares impulsados por rancor, envexa ou por tentar congraciarse co novo réxime e facer esquecer militancias pasadas, outros testemuños foron utilizados dende distintos sectores do propio réxime nas liortas internas polo poder.
Así atopamos, en informes de Falange, veladas alusións sobre as supostas simpatías masónicas do gobernador Macarrón e a súa posible complicidade na protección a membros da masonería. Existen tamén informes sobre distintas personalidades, algunhas delas ocupando cargos relevantes tras o golpe militar, de conivencia con masóns e acusacións de pertenza á masonería; este é o caso de varios marinenses, entre outros algúns coñecidos armadores, un deles relacionado familiarmente cun importante dirixente falanxista pontevedrés. Este armador chega a ser detido aínda que foi posto en liberdade días máis tarde. Estes informes están baseados en sospeitas e rumores: “por lo cual es lógico sospechar que ese señor pertenecía a esa infame secta”, “es señalado como tal por casi todo el pueblo”, “ se sospecha que pertenece a la masonería por ser rumor público”, “ también se sospecha, ignorando con que fundamento”, son frases que aparecen habitualmente. Un parágrafo resulta significativo: 
  Con toda seguridad que además de las personas de que se hace mención hay muchas más que desconozco pero apretando e interrogando a las citadas podían descubrirse las demás.
Dentro das propias forzas policiais tampouco están ausentes as acusacións; o trece de xuño de 1937, o capitán da Guardia Civil Ramón Merino Morales prestaba declaración e afirmaba:
 que desde hace tiempo está enemistado personalmente con el capitán de su mismo Instituto, don Francisco González [O Rabioso] por motivos que no cree del caso exponer, constándole y está dispuesto a demostrar, que desde fecha muy anterior, para satisfacer venganzas personales, trataba de mezclarle intencionadamente, en asuntos que afectaran a su dignidad, creyéndole por tal motivo, iniciador de las diligencias que originan el actual exhorto y haciéndolo constar para los oportunos efectos de justicia.
Entre as denuncias de particulares algunhas acadan altos graos de fervor acusatorio; tomemos como exemplo a que efectúa, ante o xuíz encargado destes temas, un coñecido almacenista de mobles vigués o 26 de xuño de 1937 da que reproducimos un parágrafo respectando a grafía orixinal:
en mi conciencia y en mi corazón cristiano, junto con el sentimiento de justicia, no en menor grado el de caridad cristiana; pero costando a España y aunque en menor parte, al mundo, tantos dolores y tanta ruina, y lo que es compendio de todo, tanto ultraje a Dios y falta de amor al prójimo, que provocaron esa criminal secta y esas malditas como ella ideas ¿PUEDE UN ESPÍA DE LA MASONERÍA GOZAR DE LIBERTAD PARA PROSEGUIR EN SUS CRIMINALES INTENTOS YA QUE ES DE JUZGAR HUMANAMENTE QUE A ESO SERVIRÁ? Por el honor de Dios y por el bien de nuestra Patria, es para mi un ineludible deber, poner en su conocimiento lo antes relatado, quedando con el mayor respeto suyo affmo s.s.

As fontes documentais utilizadas proceden do TERMC, causa 155/1937.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Masonería en Pontevedra (V). Dilixencias.


 
Dende a sé central do Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y del Comunismo, sita no madrileño paseo do Prado, dirixíanse as pescudas sobre os acusados de pertencer a esta asociación. Eran habituais os exhortos dirixidos aos xuíces de instrución das distintas localidades para que tomasen declaración a algún sospeitoso, no caso de que non puidese efectuala en Madrid. Transcribo un modelo de oficio (mod.99) que se completaba cos datos dos indagados e  engadíaselle algún apartado específico, se fose o caso. Corresponde ao enviado, con data de 28 de marzo de 1946 e rexistrada a entrada co nº 415 de data 3 de abril do mesmo ano no xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Pontevedra, para interrogar a un sospeitoso da capital.

Don...............Juez Instructor número......del Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y del Comunismo, con residencia en el Paseo del Prado, número 6, Madrid.
Al de igual clase de 1ª Instancia e Instrucción de..................
HAGO SABER: Que en este Juzgado y por la Secretaría del que refrenda se sigue........número......contra...................................................................................................................................................................................................................................................................................en el cual se ha acordado dirigir a V.S. el presente, por el que en nombre del Jefe del Estado le exhorto y requiero, y en el mío le ruego se sirva aceptarlo, acusarme recibo y practicar las diligencias que a continuación se expresan, devolviéndomelo cumplimentado a la mayor brevedad, pues en hacerlo así administrará justicia.
DILIGENCIAS QUE SE INTERESAN: Que se reciba declaración al encartado, con arreglo a los extremos siguientes:
1.- Las generales de la Ley.
2.- Manifieste fecha de su ingreso en la Masonería, nombre simbólico adoptado, Logia o Logias a que hubiere pertenecido, Grado o Grados que alcanzara y cargo o cargos desempeñados.
3.- Manifieste si se dió de baja, expresando en caso afirmativo, fecha y forma en que lo hizo.
4.- Manifieste si le fué advertido en la iniciación que la Masonería está excomulgada por la Iglesia y si tiene hecha abjuración ante las Autoridades Eclesiásticas presentando en caso afirmativo el certificado que lo acredite.
5.- Manifieste los motivos que le indujeron a ingresar en la Masonería.
6.- Manifieste los nombres y apellidos de sus compañeros de Logia.
7.- Manifieste su afiliación y actividades políticas antes y después del 18 de julio de 1936.
8.- Manifieste si ha sido objeto de algún procedimiento o sanción por el hecho de haber pertenecido a la Masonería.
Aparecen dous puntos engadidos a máquina:
9.- Manifieste las causas por las que no presentó la declaración retractación que previene la ley de 1º de Marzo de 1940.
10.- Las que se deriven de las anteriores y su celo sugiera al instructor.
Dado en Madrid a veintiocho de Marzo de mil novecientos cuarenta y seis.

Agradecemento:  Con esta entrada acadamos o número cen neste blogue adicado a divulgar o sucedido en Pontevedra e comarca en tempos da 2ª República e primeiros anos do franquismo. Nestes anos foron miles os visitantes e moitos os enlaces noutros lugares da rede; a todas as persoas que len o blogue, ás que fan comentarios de louvanza ou de disentimento, a quen o enlaza...o meu agradecemento e continuaremos  o tempo que os ánimos permanezan. Unha aperta.

martes, 4 de septiembre de 2012

Masonería en Pontevedra (IV): Adeus a unha antiga sé masónica.



Fai anos falamos neste blog da loxia masónica que se reunía nun local do barrio pontevedrés do Burgo. Logo do golpe militar, na década dos corenta, algúns dos asistentes a esas reunións foron encausados por sospeitosos de afiliación masónica e tamén escribimos aquí sobre as súas desventuras. Entre os asistentes ás reunións atopamos personaxes tan coñecidas como o boticario Joaquín Maquieira, o médico Amancio Caamaño, o ex-alcalde Andrés Corbal, o concelleiro Arturo Rey, o procurador Maximiliano Pérez Prego e os avogados Isidoro Millán, Joaquín Poza Juncal, José Echeverría e Avelino Silva Güimil, entre outros.
O último dos citados, Avelino Silva, solteiro, natural de Meis e veciño de Pontevedra; estivo afiliado ao Partido Republicano e asistiu á xuntanza de Lestrove en 1935 representando ao Partido Republicano Federal; no 1931 participou na fundación do Partido Radical do que foi o primeiro presidente en Pontevedra e, no 34, solicita a alta en Unión Republicana. Entre as súas amistades atopamos personalidades pertencentes á masonería como Gonzalo Martín March (gobernador civil de Ourense en tempos da República), Manuel Guillán Abalo, Amancio Caamaño e Gerardo Abad Conde, de quen afirma que foi o lles insinuou ao grupo de persoas antes citado a creación dunha loxia.
Avelino Silva foi procesado por masón a pesar de negar esta pertenza.
Non foi fácil a localización da casa do Burgo na que se reunían “con objeto de leer las Hojas Libres y hablar de política”, como afirma Silva ao ser interrogado en 1937; logo de localizar nova documentación sobre a masonería na nosa capital, xa se pode afirmar con total seguridade que a loxia estaba radicada na casa, propiedade de Avelino Silva, na que (ironías do destino) estivo situado moitos anos o cuartel da Garda de Asalto e , despois, da Policía Armada.
Esta casa apareceu ultimamente nos medios de comunicación debido a que é unha das expropiadas na reforma do campo de Pasarón e que será derrubada proximamente. Pérdese así un edificio histórico máis da nosa Pontevedra.

lunes, 30 de julio de 2012

Pontevedra, outubro de 1934 (4)




En diversos xornais insístese na necesidade da moderación nas sancións e de evitar inxustas acusacións, vinganzas e delacións anónimas, así o xornal estradense El Emigrado (16-10-34),
 En estas horas abrumadoras, somos todos los españoles partícipes obligados a compartir las amarguras de la Patria, y somos todos, también obligados, a laborar por la restauración de una paz moral y material que una los espíritus en hermandad Nacional, por la reconstrucción de cuanto, en unas horas de obsesión, nos hayan hecho destruir [...]y esperamos del patriotismo de los hombres que se hallan al frente de los destinos de la Patria la suficiente serenidad y acendrado patriotismo, para que entre hijos de una misma patria se reinstaure el imperio de la conciencia, usando del escalpelo de la justicia con mesura y tino.
Continúa o goteo de postas en liberdade de presos, alternados con consellos de guerra. O doce de decembro son liberados os destacados dirixentes da federación obreira Manuel García Filgueira (presidente), José Oliveira (vicepresidente) e Andrés Rey (bibliotecario). Son trasladados ao penal de El Dueso varios veciños de A Estrada (Manuel Coto Chan, Higinio Carracedo e Manuel Vázquez Otero) que estaban presos na capital e foran condenados á pena dun ano 4 meses e un día por participar nos sucesos revolucionarios. Ábrese de novo o prazo para solicitar licencias de caza.
O 18, presididos polo coronel de artillería Mario Sánchez, celébranse consellos de guerra contra Jesús Diéguez Noguerol por tenencia ilícita de armas, Segundo Lorenzo García por intento de agresión a man armada e Carlos Pérez Cameselle, axente de arbitrios de Vigo, por rebelión. Ao día seguinte son liberados os veciños de Domaio José Palmás Pastoriza, Josefa González Crespo, Benito Calvar Calvar e Manuela Ríos que estaban no cárcere acusados de coaccións. O día 29 son detidos en Salcedo, por repartir follas subversivas, Gerardo Martínez Villanueva, José Gómez Pereira e Enrique Cochón.
O 5 de febreiro celebrouse consello de guerra contra Valeriano Riobó acusado de intervir no pasado movemento revolucionario e cunha petición fiscal de dez anos de cárcere, foi defendido por José Adrio Barreiro que logrou a absolución do inculpado. Días despois deteñen en Marín aos militantes comunistas Daniel Gómez Martí e José García Busto como presuntos autores de rótulos subversivos. O 24 de dito mes refórzase a garda do cárcere debido aos rumores dunha evasión de presos políticos.
Pouco a pouco recóbrase a normalidade e o 7 de marzo levántase o estado de alarma, substituído polo de prevención e o 29 remata a clausura das sociedades pero con advertencia da necesidade de que cumpran a legalidade. Aínda así, non se autorizan os actos obreiros do 1º de maio e detense a Antonio Prieto Roque, de Campolongo, que estaba reclamado polo xulgado militar por teren topado no seu domicilio armas e munición en abundancia. En maio deteñen a José Iglesias Rey, canteiro de 23 anos, a quen o capitán da Guardia de Asalto atopoulle unha folla clandestina e a Benigno Vidal Couto, labrador de 18 anos, ambos de Bora; a José Fernández, metalúrxico, José Cortegoso Solla, Eladino Castro Torres, os tres de Mourente, por coaccións a obreiros que ían traballar e tamén a 4 persoas mais como medida preventiva.
Volvamos a finais de 1934. Os incidentes entre militantes de esquerda e dereita aumentan e sucédense continuos enfrontamentos e denuncias. O 30 de outubro pola noite, o militante fascista José Outerelo Carril foi mallado a paus en Salcedo “por un grupo de salvajes que campea en aquella parroquia”
A prensa de esquerda denuncia as tropelías de mozos fascistas como o asalto e roubo da imprenta do xornal socialista La Hora mentres o seu dono, Ramiro Paz, estaba no cárcere, asalto que quedou impune a pesar de que o rumor público sinalou inmediatamente aos seus autores; días despois asaltaron o quiosco dos mesmos donos na praza da República.
 Además, estos elementos, descaradamente no solo no niegan nada, sino que dicen estar dispuestos a acabar por todos los medios no solo con las organizaciones de izquierda, cosa ya de por si condenable sino también con lo que es mucho más grave con el Estado republicano que la Autoridad tiene el deber de guardar. (El País 20-12-34.)
Un grupo de mozos galeguistas repartiu unhas follas nas que lembraban o aniversario da morte de Pardo de Cela e que remataban coa frase “Viva Galicia Ceibe” e acabaron detidos tres deles e rexistrado e clausurado o centro galeguista; a actuación policial contrastaba coa inhibición cara elementos fascistas como “el mismo joven a quien se acusa como autor principal” das tropelías citadas anteriormente. O militante falanxista Vicente Couceiro Amor, que denunciou aos galeguistas polos pasquíns, volveu a presentar denuncia contra o galeguista José Luis Fontenla Méndez acusándoo de que lle pegara e insultara na Ferrería con motivo da denuncia citada. Os galeguistas detidos foron postos en liberdade o 27 de decembro. Hai multitude de denuncias por agresións: Benito Lago Currás denuncia ao fascista José Torres e outros por maltratalo e lesionalo na rúa Xan Guillermo. Na madrugada do día de Nadal, o veciño de Salcedo Gerardo Bao Rúa foi agredido cunha navalla que lle causou unha ferida no peito, polo veciño de Mourente Constantino Rozados. No baile do Pino, na carreteira de Vigo, (3-1-35) un grupo de individuos agrediron e lesionaron a un tal José Piñeiro co pretexto das súas ideas políticas; foi detido o veciño de Salcedo Celestino García. Tamén houbo denuncias contra dous mozos de Salcedo por arrebatarlle a un vendedor varios exemplares do voceiro dereitista J.A.P. e rompelos.
As consecuencias dos sucesos de outubro foron de diversa orde. A represión foi moi dura, o número de detidos e despedidos alto, moitos centros obreiros foron clausurados, concelleiros e outros cargos destituídos, etc. A esquerda adoptou como obxectivo a consecución da amnistía para os encarcerados e a reposición nos seus postos de traballo dos despedidos.
Foi premonitorio o xornal El País (11-10-34): 
 Dos distintas maneras de ver la esencia de la República y sus fines han conducido a ellos. Y, cualquiera que sea el resultado de esta gesta trágica, en la vida de España queda trazado un hondo surco que ha de influír sobremanera en el futuro.
E así foi, co golpe militar do 36, o ter antecedentes de participación nalgún incidente ou ser detido no 34 constituíu un agravante a ter moi en conta nos xuízos ou para ser obxecto dos “paseos”; como exemplo, dos citados ao longo destas entradas referidas aos sucesos de outubro, foron asasinados (en diversas modalidades): Augusto A. González, Manuel Amoedo, José Gallego, Víctor Moldes, Antonio Blanco, Alexandre Bóveda, Cristóbal Peñín, Juan M. Gómez, Dionisio González, Andrés Rey, José García Busto, Ramiro Paz, Gerardo Bao, entre outros.

domingo, 22 de julio de 2012

Pontevedra, outubro de 1934 (3)




Ao día seguinte, as forzas conservadoras pontevedresas comezan a recollida de donativos con destino a unha homenaxe que se tributaría ás forzas do exército e da orde pública e que tiña como finalidade rehabilitar a imaxe das forzas que participaran na represión destes días. Destacan o gobernador civil, Diego Fernández Gómez (500 pesetas), o tenente coronel retirado Francisco Lorente Armesto (200), Enrique Marescot (500), a Deputación (5000), Bernardo López Suárez e o seu fillo (500), José Malvar Corbal (300), a patronal (5000), Víctor Lis (50) e, entre outros, como xa dixemos, Castelao (18,30). Noutras datas tamén atopamos as doazóns do Claustro de profesores do instituto (244,30), Unión Femenina de Derechas (500), do notario Antonio del Río (250), etc.
Pola noite, tiroteo na rúa Cousiño. Instrúese xuízo sumarísimo contra Juan Manuel Gómez Corbacho, acusado de fabricar bombas e detido no garaxe de Fonseca cando manipulaba botellas de líquidos inflamables, e contra Manuel Amoedo por posesión de armas.
 O día 16 comezan as sesións do tribunal militar, preside o tenente coronel xefe da caixa de reclutas, Fernando Sánchez González, e de vocais exercen os capitáns Eduardo Rodríguez González, José Álvarez Sánchez, José Albert Meléndez, José Fernando Ponte Conde e Manuel Casal Castro.
Continúan as detencións: José Bolaño, Manuel Muíños, Saturnino Fragueiro, presuntos implicados na fabricación de explosivos, Manuel Pérez Calvo, estudante de 16 anos por dar vivas á revolución social, Luis López Méndez, Valeriano Riobó, Carlos Varela e José Cortizo, o último por atentado. Por falta de espazo e mal estado das instalacións do cárcere capitalino, moitos dos detidos son conducidos ao pontón Minerva do Polígono de Tiro Naval Janer en Marín. O día 18 restablécese a pena de morte.
Fóra do xugo da censura, o xornal Acción Gallega (20-10-34), órgano da Federación de Sociedades Gallegas de Bos Aires, fai unha durísima crítica da represión gobernamental e escribe:
 El triunvirato Alcalá-Lerroux-Gil Robles llenó a España de sangre y lágrimas. Con los cañones, los aeroplanos y tropas y legiones marroquíes, la dictadura monárquico-clerical-fascista aplastó los anhelos de justicia y libertad del pueblo español.
 No apartado “No hay nacionalismos, solo hay dos clases” critica a inacción dos partidos nacionalistas:
 En cuanto a los nacionalistas vascos y gallegos, tampoco se han movido, a pesar del programa autonomista de la Alianza Obrera. Solo hemos visto a los obreros luchar heroicamente y a las clases privilegiadas apoyando a los tiranos.
Pouco a pouco recobran a liberdade algúns dos detidos, o 1 de novembro libérase ao policía municipal Dionisio González que fora acusado de
repetidos actos de coacción con las lecheras y otros proveedores de los mercados públicos de la capital, a quienes exhortaba – según dijeron- para no aprovisionar Pontevedra.
O día 4 poñen en liberdade a Clemente Baltasar, Manuel Loureiro, José Fontán, Valentín Ramírez, Diego Bouzón (de Marcón) e Francisco Piedras (de Xeve), este último detido por repartir follas clandestinas e os outros por coaccións.
Pero as detencións continúan nos meses seguintes: o 8 de novembro prenden ao dependente de comercio de 19 anos Esteban Beltrán Paz, por lanzar silbidos no teatro Principal ao aparecer as imaxes do xeneral López Ochoa e outras autoridades. Publícase unha requisitoria contra Alejandro Gama para que se presente ante o xuíz militar Salvador Foronda por estar incurso en delito sinalado no bando do 7 de outubro. O 14 prenden ao mestre socialista de Redondela Manuel Martínez Pereiro, de 42 anos, reclamado polo xuíz militar porque nun rexistro efectuado no grupo escolar atopáronse documentos da Casa do Pobo. Trasladan a Pontevedra ao búlgaro Basilio Voltchkoff, de 31 anos, detido en Vigo por sospeitar da súa participación nos sucesos revolucionarios e ocupárselle folletos extremistas e documentos escritos en búlgaro. Volven a deter a Manuel García Filgueira, Víctor Lamas e AndrésRey como consecuencia dunha denuncia por insultos e ameazas interposta polo tenente de alcalde Eduardo Rodríguez Fontenla “Palomita”, polo mestre de obras Cándido García Hermida e por Evaristo González; García Filgueira e Rey acababan de saír do cárcere.
Continúan os traslados de detidos ao Polígono Janer en continxentes elevados: un grupo de 30 o día sete e de dez o vintetrés. Os últimos presos detidos neste recinto militar sería un grupo de nove, liberados o 27 de decembro.
O día 2 de novembro, o capitán Bernal, que tería un destacado papel represor logo do golpe do 36, marcha a Asturias con 20 gardas civís para formar parte da columna do tristemente celebre comandante Lisardo Doval. A dereita pontevedresa mobilízase organizando actos de apoio ás forzas participantes na represión e de lembranza das vítimas: a Juventud Masculina de Acción Católica organiza un funeral polas vítimas do movemento revolucionario na igrexa de Santa María.
O día 4 celébrase a homenaxe ás forzas armadas, sérvese un viño de honor no concello para xefes e oficiais. No bar Calixto ofreceuse unha comida aos subalternos de telégrafos e teléfonos, con elocuentes palabras do deputado IsidoroMillán, orador habitual neste tipo de actos. Nos cuarteis sérvense comidas especiais ás clases de tropa e o gobernador Diego Fernández diríxelles unhas palabras: 
 Pasaron ya las horas de angustiosa inquietud, de zozobra y sobresalto. Las gentes, que en horas de locura y de terrible insensatez, se lanzaron un día a la revuelta, empujados por un afán bárbaro de destrucción, y que en sus demasías llegaron a los más execrables excesos, y ni siquiera se han detenido ante la propia integridad nacional, vencidos y acorralados, están de nuevo sometidos al imperio de la Ley. [...] Porque el establecimiento del orden y el sometimiento de cuantos, miserablemente, se pusieron fuera de la legalidad establecida, y a la estrangulación rápida y total de la revolución amenazante, se llegó por el esfuerzo admirable, por la lealtad y el patriotismo, por nadie superado, por la disciplina, el arrojo y el espíritu de sacrificio de nuestro Ejército y de nuestra Marina, gloriosos cual el que más, del Benemérito Instituto de la Guardia Civil [...] Españoles: olvidemos nuestras diferencias y hagamos un descanso en nuestras luchas. La tregua patriótica se impone. A ella es obligado llegar. Fundidos en los más excelsos ideales nacionales dispongámonos al cumplimiento de nuestro histórico deber. ¡Viva España! ¡Viva la República!

viernes, 13 de julio de 2012

Pontevedra, outubro de 1934 (2)




A chegada de novas da revolta en Asturias axita aínda máis a dereitas e esquerdas. Convócase folga xeral revolucionaria a través de follas de propaganda e consignas. O día 6, de madrugada, mediante un bando do xeneral da Octava División, proclámase o estado de guerra e transfire a responsabilidade da orde pública do ministerio de Gobernación ao de Guerra.
 Para decapitar o movemento detense aos líderes obreiros máis destacados. Suspéndese a publicación de xornais. A policía vixiaba dende facía días a saída de certos xornais, entre eles o vespertino El País que o denuncia nun breve. O mesmo día 5 daba conta dunha nota da Comisaría de Investigación y Vigilancia:
 ...por haberse establecido la censura previa para la prensa [...] deberá abstenerse de la publicación de cualquier trabajo en sus artículos y sueltos que por su crítica sean atentatorios al principio de autoridad.
 A censura efectuábaa persoalmente o gobernador e o xornal critica duramente este feito. Entre os numerosos rexistros efectuados pola Guardia Civil, na tarde practícase un no domicilio e no despacho de Maximiliano Pérez Prego, director do xornal. Coa declaración do estado de guerra as rúas son ocupadas polo exército e forzas de seguridade.
O domingo, día sete, destitúese á corporación municipal logo dunha entrevista entre o gobernador civil, señor Fernández Gómez, e o comandante militar. Noméase unha comisión xestora coa seguinte composición: D. Manuel Casqueiro polo Colexio de Avogados, D. Sinforiano Melero pola Cámara de Propietarios, D. Eulogio Sánchez do Círculo Mercantil, D. Modesto Lorenzo pola Patronal, D. Ramón Segura de la Garmilla polos centros do ensino, D. Luis Sobrino do Colexio Médico e D. Agustín Sánchez pola Asociación de Inquilinos. O alcalde cesado era D. Bibiano  Fernández-Ossorio Tafall, que fixo entrega das chaves acompañado do primeiro tenente de alcalde D. Arturo Rey. Ao entregar o mando dixo que el chegara ao cargo cando nacía a república e agora que morría, entregábao. O gobernador pediu que constasen en acta estas palabras. A continuación elixiron como alcalde ao señor Segura de la Garmilla.
 Os dirixentes da Deputación tamén foron destituídos facéndose cargo da mesma unha comisión xestora que levou a cabo unha depuración de funcionarios:
 Por el señor presidente se propuso que, una vez implantado el estado de guerra, se declaren caducadas las licencias de los funcionarios y que en el plazo de 48 horas se presenten al secretario los que las disfruten [...] se manifiesta que recibe indicaciones constantes del exmo gobernador al que llegan en todo momento ofertas de los funcionarios del estado, provincia y municipios, de leal colaboración y como las omisiones advertidas son ostensibles y no tienen la confianza de esta corporación...
A continuación nomea a varios funcionarios que quedan cesantes e outro suspenso de emprego e soldo.
Nos arredores, segundo Bernardo Máiz (Galicia na 2ª república e baixo o franquismo. Vigo: Xerais, 1988), a folga foi total ata o día 12 en Caldas, en Marín houbo tiroteos o día 10, en Cangas do Morrazo as forzas da esquerda proclamaron a “comuna popular” e asaltaron o Casino, sostendo un tiroteo coa Guardia de Asalto procedente de Vigo e que dou lugar a 12 feridos de bala.
Posteriormente, o concello de Pontevedra, para cumprimentar un escrito do gobernador militar, fai saber a todo o persoal municipal que ten a obriga, nun prazo de 48 horas, de darse de baixa en calquera centro, partido, agrupación ou sociedade que revista carácter político e a toda organización de carácter sindical ou societario, teña ou non carácter político.
Destitúen a Tafall como director do instituto e nomean para substituílo a Enrique Míguez Tapia (17-10-34). Alexandre Bóveda é trasladado a Cádiz como xefe de contabilidade de Facenda “con la arcaica fórmula hoy resucitada, que contiene como fría y escueta justificación las necesidades del servicio.” (El País, 26-10-34). En novembro, Castelao é destinado á xefatura de estatística de Badaxoz. De nada lle valeu figurar como donante de 18,3 pesetas para a homenaxe ao exército pola súa actuación en Asturias. El País (19-11-34) manifesta:
La civilidad pontevedresa les hizo objeto ayer tarde en la estación, Castelao y Bóveda con el pie en el estribo del convoy, de un cálido y fervoroso homenaje de simpatía y afecto, cuyo valor y significación se acrecientan, al considerar la espontaneidad del mismo [...] Que retornen pronto a Pontevedra es nuestro deseo.
Os deputados radicais afirman que fixeron xestións para deixar sen efecto a sanción a Bóveda e Castelao pero estes non aceptaran desvirtuar as súas manifestacións de hostilidade ao goberno.
O día 10 de outubro deteñen en Mourente a Manuel Amoedo e a Constante Tomé ocupándoselles armas cortas. Na madrugada dese día tivo lugar un tiroteo entre forzas do exército que prestaban servizo na Ferrería e un grupo de individuos que non puideron ser detidos. Tamén houbo varios apedramentos e unha muller foi apaleada.
Ao día seguinte reanúdase a publicación de xornais e a portada de El País aparece con numerosos manchóns negros causados pola censura. A sensación que se quere transmitir é a dunha progresiva volta á normalidade. Afírmase que entraron ao traballo gran cantidade de obreiros dos distintos gremios e que funcionaban os tranvías pero non parece ser moi normal a situación nese sector cando, ao día seguinte, dáse conta dunha reunión do gobernador coa xunta da empresa para que readmita o maior número de obreiros. En Pontemuíños, desde o monte, efectúanse disparos sobre un tranvía e tamén sobre a garda do transformador de Mollabao así como pedradas que feriron a un soldado.
Deteñen aos concelleiros Manuel Sanmartín e José Gallego, ao capitán retirado Delmiro Sarmiento, directivo da agrupación socialista e ao presidente da Comarcal Agraria Víctor Moldes. Clausúrase a Casa do Pobo e suspéndense as licencias para armas de caza.
El País do día doce presenta un aspecto anormal na portada, cunha gran cantidade de anuncios publicitarios. Afirma que pode considerarse acabado o movemento folguista na capital e que a case totalidade de traballadores volveu ao traballo: 
...algunos gremios no lo hicieron por no admitir los patronos a todos los empleados. Entre estos, uno de los principales son los camareros de bares y cafés. No obstante, la tranquilidad en esta capital es absoluta.
 Non parece ser tan absoluta dita tranquilidade se ollamos, unha vez máis, a sección de sucesos, alí dáse conta de que, no Dispensario da Cruz Vermella, foi asistida a veciña de Salcedo Dolores Acuña, con feridas que dixo llas produciran uns descoñecidos ao apedrala cando viña a Pontevedra a vender leite. Hai que significar que a folga de abastecementos á capital implicaba non permitir a entrada de leite, leña, verduras, etc. Non é aventurado supoñer que, en maior ou menor grao, aínda había incidencias nesta fronte.
Continúa a represión contra os elementos obreiros e son sometidos a sumario, por repartir follas de carácter subversivo, Francisco López Crespo, Ramón Magariños Duro, Ángel Folgar Bermúdez, José Gómez, Miguel Briones Barca, Antonio Blanco Solla, Cristóbal Peñín Alonso e Jesús Canda Crespo; por coaccionar e impedir o abastecemento: José Mojico (de Lérez), Rogelio González (de Salcedo) e Felipe Pérez Moreira (de Poio); a Manuel Martínez Vázquez (de Mourente) por excitar aos conveciños á folga; Celestino Garrido Viéitez e José Gil Sueiro, de Marín, por posesión de explosivos. A todos se lles tramitaron xuízos sumarísimos.

domingo, 8 de julio de 2012

Pontevedra, outubro de 1934. (1)

Adicado ás mulleres e homes que, co pulo de Afonso Ribas, Xosé Fortes, Serafín Fontenla, Manolo Reboredo, Xermán Fortes, Emilio García, entre outros, participan na tarefa de recuperar a historia de Cotobade a través dunha solidaria Tábula Gratulatoria.
A chamada revolución de outubro de 1934, que acadou especial importancia en Asturias e Cataluña, tamén tivo certa repercusión en Pontevedra. En varias entradas trataremos polo miúdo os antecedentes, desenvolvemento e consecuencias destes sucesos na nosa cidade e arredores. Como tamén quedou acreditado neste blogue, a participación nos feitos de outubro foi unha especial agravante na represión que tivo lugar logo do golpe de 1936.
En 1934 o partido gobernante era o Radical, liderado por Alejandro Lerroux, tiña como máximo representante en Pontevedra a Emiliano Iglesias; era un partido que co tempo fora apagando a súa postura combativa e virando cara á dereita. Nunca se veu libre de acusacións de corrupción: .
...el ritmo de pomposa orgía a que vivió entregada la política emilianista provincial, hoy ya culminante y sin remedio posible para ella, en ludibrio y desvergüenza... (El Pais, 4-10-1934). 
Nas eleccións de 1933 obtivera na nosa provincia seis deputados dun total de trece.
A situación político-social estaba cada vez máis crispada, a mediados de 1933 promulgouse unha lei de orde pública que impuxo unha restrición dos dereitos cidadáns a través de estados de prevención, alarma ou guerra, que estiveron en vigor na práctica totalidade do que restaba do período republicano. A dereita, a través da CEDA de Gil Robles, aumenta a súa influencia sobre o goberno de Lerroux e o 4 de outubro de 1934 entran no goberno, como ministros, tres membros dese partido.
A lexislación antisocial do goberno, a situación internacional de avances do fascismo, a frustración e desencanto por non acadar as expectativas postas na chegada da república, alentan a radicalización do movemento obreiro que contempla o recurso á violencia para adiantarse ao que consideran como previsible golpe de estado dereitista. Apréciase esta actitude nos atentados contra os centros da patronal e os locais dos partidos de dereitas e, por outra parte, no pulo á táctica, de inspiración comunista, das Alianzas Obreiras e da Fronte Única. Importantes sectores do PSOE e UGT, especialmente das Xuventudes Socialistas, están moi radicalizados e conflúen en posturas unitarias cos comunistas a través dos entes antes citados. De cara á transformación da sociedade, as actitudes evolucionistas perden forza fronte ás revolucionarias e prodúcese un distanciamento do que cualifican como “república burguesa” e de partidos como Izquierda Republicana e semellantes.
Se examinamos os actos do primeiro de maio deste ano en Pontevedra, notamos un ambiente de gran participación e de unidade entre as forzas obreiras, en contraposición coas divisións de anos anteriores. Unha intervención moi destacada foi a de Alejandro Gama, comunista, do Socorro Rojo Internacional, que pon como exemplo a división das forzas marxistas que posibilitou a derrota do proletariado alemán e austríaco fronte a Hitler e Dollfus; a consecuencia que extrae é a necesidade da unidade obreira para cortar o avance do fascismo español.
Na prensa socialista apréciase unha linguaxe explosiva, como é o caso do seu órgano local La Hora 
 ...Pero este año, cuando los enemigos del trabajador se han apoderado de la república, cuando las leyes sociales que amparan al obrero son un papel mojado, cuando las cárceles están pletóricas de trabajadores honrados, cuando la tiranía fascista se dispone a caer sobre el pueblo español [...]convertirse en una viril protesta que haga estremecer en sus guaridas a los chacales que viven de la sangre del proletariado [...] Los trabajadores han perdido la fe en la república.
Non é necesario ser moi perspicaz para deducir dos anteriores parágrafos dúas cousas: unha descualificación do réxime imperante e o anuncio implícito dun intento revolucionario.
O sentimento de inquietude e de rexeitamento da política do goberno non se percibe só nos portavoces obreiros; nun xornal de liña burguesa, progresista pero sen ningún asomo revolucionario, como era El Pais, voceiro de Izquierda Republicana en Pontevedra, pódense atopar parágrafos como os seguintes:
El juego se ve claro. Las entrevistas constantes de Salazar Alonso con Gil Robles y las del primero con Lerroux y Samper, tendían a perfeccionar la formación del nuevo gobierno que han proyectado huyendo del parlamento [...] A tal fin, es conveniencia para ellos no mover los restos de los héroes Galán y García Hernández porque facilmente estos darían la última batalla y afianzarían, de una vez para siempre, la república, por la que murieron asesinados. (14-9-1934).
Nun editorial do 4 de outubro de 1934 e significativamente titulado “Alerta republicanos. ¿Qué se intenta?” referíndose á posible intención das novas sobre o que cualifica de “un supuesto movimiento revolucionario de tipo izquierdista” di: 
El bulo de hoy es la noticia de un supuesto movimiento revolucionario de tipo izquierdista, para impedir el arribo al Poder del monstruoso maridaje de la CEDA con la Euforia y viene a arrojar un poco de luz en las sombras que rodean a las gestiones políticas realizadas para poder arribar a la formación de un gobierno mayoritario [...] Se pretende arribar a un régimen de fuerza que concluya de abatir las protestas y las rebeldías, que no son tal cosa, sino advertencias sinceras, leales y republicanas de los que entienden que por el camino que lleva el Estado, no le aguardan bonanzas, sino que en esta atmósfera enrarecida todos son barruntos de tormenta. [...] La revolución marxista es el pretexto para desencadenar la reacción que concluya por destruir los últimos alientos del espíritu republicano del 14 de abril. El peligro está en otra parte. [...]Es a los antimarxistas a los que hay que vigilar. Ellos son los típicos y contumaces enemigos de la República. En ellos radican las causas originarias de los males que aquejan a España. [...] No está de más -que va en ello la seguridad del régimen- que la opinión republicana esté alerta ante los acontecimientos y con el ánimo decidido para la defensa de la República.
O mesmo xornal, xa en pleno estoupido revolucionario (5-10-34) e baixo o estado de alarma e réxime de censura previa, continúa na mesma liña cun editorial titulado “Viva la República” e no que preconiza a formación dun goberno nacional de homes fóra de toda sospeita e insubornables
 sin ministros ladrones [...] para disolver el actual engendro de Parlamento, desmontar el tinglado electoral, amenazado de consuno en maridaje procaz entre la CEDA y la euforia; para restablecer la legalidad atropellada excarcelando a los que se hallan privados de libertad, por el único delito de defenderla; para reponer a los municipios que se han destituído caprichosamente; para abrir los centenares de centros obreros clausurados por no pensar al igual que la veleidad ministerial.
O ambiente estaba cargándose de máxima tensión con feitos como o asasinato dun militante obreiro efectuado en Vigo por falanxistas o 6 de setembro. O 15 dese mes deteñen en Marín ao pedreiro portugués Alfonso González, de 43 anos, por destacarse nas protestas e gritos subversivos, insultos ao tenente da Guardia de Asalto e resistirse a ser detido con motivo da constitución do concello co novo alcalde sr Vinteño.
O 24 declárase en Pontevedra o estado de alarma fixando nas rúas o bando do gobernador; o 26 a Guardia Civil atopa nunha casa de Monforte, ocultos nunhas adegas, gran cantidade de armas e municións. O 5 de outubro localizan na Illa de Arousa 50 paquetes de pólvora e en Rodeiro, na casa do industrial Perfecto Ledo, gran cantidade de pólvora, cartuchos de escopeta, munición para revólver e pistola, mecha, pistóns, unha escopeta e un revólver.
Segundo diversas fontes, foi o sector máis radical do PSOE o encargado da dirección do levantamento, xunto con militantes do PCE, partido este con relativa presenza na nosa capital. A CNT, con presenza testemuñal en Pontevedra, adoptaría a nivel estatal unha actitude abstencionista aínda que, en moitas localidades galegas, diversos sindicatos pertencentes á Confederación Regional Galaica (CRG) sumáronse á declaración de folga, pois como apunta Dionisio Pereira:
 En conxunto, a CRG participou nos acontecementos na medida das súas forzas, cunha folga de solidariedade que tiña máis de expectativa do que puidese ocorrer en Asturias e no resto do Estado. E criticou con dureza a pasividade de boa parte da confederación...
( A CNT en Galicia   1922-1936.Santiago: Laiovento,1994.)
En Acción Gallega (20-10-34) publícase o programa da Alianza Obrera e indica que esta alianza estaba formada por todos os partidos e gremios obreiros, a excepción da confederación anarquista:
1º.- Todas las tierras de los grandes terratenientes, de la Iglesia, de los monasterios, de las municipalidades y del Estado serán confiscadas, sin indemnización, como así también los útiles de labranza y demás pertenencias, y serán entregadas gratuitamente y repartidas a todos los obreros agrícolas y campesinos trabajadores, para que las trabajen individual o colectivamente, según decidan por su propia voluntad.
2º.- Todas las deudas, obligaciones y gravámenes de los campesinos con los terratenientes, los municipios y los Bancos serán anuladas, todas las cargas feudales y semifeudales, (“foros”, “rabassa morta”, condominio, etc.), serán abolidas, y todos los impuestos del régimen burgués terrateniente, suprimidos.
3º.- El Gobierno Obrero Campesino proveerá a los campesinos trabajadores de maquinaria, útiles de trabajo, simientes, créditos y los elementos técnicos para aumentar en el mayor grado posible la producción agrícola, con objeto de terminar con el hambre y la miseria espantosa que existe en el campo y elevar sistematicamente el bienestar de las masas trabajadoras.
4º.- El Gobierno Obrero Campesino tomará inmediatamente medidas de gran envergadura para mejorar rápida y radicalmente la situación de los obreros agrícolas, aboliendo todos los contratos explotadores y usurarios, aumentando los salarios lo suficiente para las necesidades de los obreros agrícolas y sus familias.
5º.- El Gobierno Obrero Campesino confiscará y nacionalizará las empresas de la gran industria trustificada y establecerá el control de la producción y la distribución por medio de los soviets, nacionalizará los bancos, los ferrocarriles y todos los medios de transporte y de comunicación, hoy en manos del gran capital.
6º.- Establecerá la jornada de siete horas y de seis para las minas y los trabajadores jóvenes, aumentará el nivel de vida de las masas trabajadoras, concederá subsidio a los parados hasta que sean absorbidos en las diversas ramas de la producción, la que será adaptada a las necesidades de las masas trabajadoras y establecerá el seguro general para todos los trabajadores en casos de paro, enfermedad, accidente, vejez y maternidad.
7º.- Liberación nacional de todos los pueblos oprimidos. El Gobierno Obrero y Campesino reconocerá a Cataluña, Vasconia y Galicia el pleno derecho a disponer de si mismas hasta la formación de los Estados independientes.
8º.- Liberación inmediata y completa, sin restricción ni limitación, de Marruecos y demás colonias.
9º.- Disminución radical de los impuestos a los pequeños comerciantes y pequeños productores. Anulación de sus deudas con los Bancos, grandes comerciantes y empresas capitalistas. Prohibición del embargo de su propiedad y del desalojo de los locales que ocupan.
10º.- Supresión de todas las fuerzas armadas de los capitalistas y terratenientes. Armamento de los obreros y campesinos. Liquidación de la burocracia hostil y elección de los funcionarios públicos por los Soviets.
11º.- Supresión del ejército permanente como instrumento de la clase capitalista. Liquidación de los generales y cuerpo de oficiales. Elección democrática de los comandantes por los soldados.
12º.- Solidaridad proletaria con los oprimidos del mundo y alianza fraternal con la Unión Soviética Rusa.
O xoves 4 de outubro non aparece nos xornais ningunha nova referente a folgas ou incidentes destacables no ámbito local, si se atopan referencias ao resto de España e, máis cerca, á colocación de bombas nas casas do cura e do médico en Sober (Lugo). Ese mesmo día xorden na cidade os primeiros incidentes, que non parecen revestir gran importancia, o xornal El País do día seguinte, visado pola censura, relata os feitos:
 Anoche, en la acera del Méndez Núñez, y por una discusión sobre la solución de la crisis, se repartieron una tanda de mamporros entre derechistas e izquierdistas.

domingo, 13 de mayo de 2012

Agricultores de Salcedo (2)



      Pero volvamos á sociedade de agricultores da parroquia. En 1903 organizou un mitin en Salcedo que foi prohibido pola autoridade por tratar asuntos non autorizados e que dou lugar a unha manifestación de protesta ata o Goberno Civil; xunto co resto das agrarias pontevedresas participa en diversos congresos como o celebrado en Pontevedra en 1908, organizado pola sociedade de agricultores de Lérez e que reuniu a máis dun cento de sociedades. Formou parte da Federación Agraria Comarcal, de orientación comunista. Na propia parroquia tivo a competencia dunha sociedade agraria antimarxista, impulsada por homes de Víctor Lis, e da que Silva Ferreiro afirma que contaba con douscentos afiliados. O xornal El País (7-2-36) refírese a ela do seguinte xeito:
 existe una sedicente Sociedad Agraria inspirada en el credo fascistoide que fué engendrada por unos individuos insolventes, con el único objeto de reducir por hambre y conquistar a la antigua sociedad de agricultores, de significación proletaria que hace muchos años está constituída.
    As actividades das agrarias non se limitaban a cuestións relacionadas co campo e, no caso de Salcedo, contaba cun equipo de fútbol que levaba o nome de “Estrella Roja”. O compromiso desta sociedade coa esquerda era evidente, dende a participación na candidatura agrario-obreira nas eleccións municipais de 1931 ata o apoio á Fronte Popular no 36. O triunfo frontepopulista foi celebrado en Salcedo cun festival campestre organizado pola sociedade de agricultores; nel participaron grupos de gaitas tocando pola mañanciña dianas e alboradas dun “marcado sabor izquierdista”, a banda de música de Arcade dou un concerto no campo da festa, logo de facer a entrada cos sons do himno de Riego e de La Internacional e, xa entrada a tarde, un espectáculo que aínda hoxe está na memoria das xentes: o concerto polifónico de Los Cuchipandistas Antifascistas e os monólogos do incomparable José Peón interpretando El Straperlo, El último pirata e El golfo de Méjico, nos que satirizaba a personaxes como Lerroux, o banqueiro Juan March e o deputado radical Emiliano Iglesias.
    Dirixentes agrarios de Salcedo destacaron en tempos da república, lembremos a Francisco Fernández Blanco, “Sacheiro”, camareiro do Savoy, comunista, secretario da Federación Comarcal e do comité organizador do congreso agrario de 1935. Interveu no mitin do primeiro de maio de 1936 celebrado na praza de touros de Pontevedra. A prensa ofrece un resume da súa intervención:

Dirige duros ataques al capitalismo y se pronuncia en contra sobre el impuesto de plagas del campo, que agrava aún más la precaria situación del campo gallego. Dice que no es el momento de hacer discursos floridos, sinó de organizarse para dar la batida final, que con los emblemas del trabajo que figuran en la bandera proletaria aplastemos -agrega- y segaremos la cabeza del odioso capitalismo e implantaremos nuestro Gobierno obrero y campesino. (El País 2-5-1936).
 Participou activamente na defensa do concello pontevedrés en xullo de 1936, foi un dos oradores que, dende o balcón do concello, falou á xente alí congregada e proclamou que, se saíse o exército, era necesario loitar dando o peito, rematou a intervención con gritos de ¡Viva o comunismo! e ¡ Viva a revolución!. Foi “paseado” o sete de setembro de 1936.
    Outro dirixente agrario importante foi José Gallego Acuña, vicepresidente do comité organizador do congreso agrario de 1935 e concelleiro pontevedrés pola candidatura agrario-obreira no 1931. “Paseado” en Ponte Sampaio o 24 de agosto de 1936.
    Logo do golpe militar, os bens das sociedades agrarias foron incautados e a sociedade de Salcedo figura co número trinta no expediente de responsabilidades  políticas procedentes de entidades marxistas.

domingo, 29 de abril de 2012

Agricultores de Salcedo (1)


O pasado 14 de abril quen isto escribe falou en Salcedo sobre a represión naquela parroquia; o acto formaba parte da I Xeira do Patrimonio do Rural e estivo presidido pola bandeira da antiga Sociedade de Agricultores, felizmente rescatada e depositada no concello por don Arturo Estévez. Nesta entrada tratarei da historia dos agrarios desta parroquia.
No ano 1897 foi fundada a sociedade de agricultores de Salcedo, un ano despois das de Lérez e Marcón, a primeira delas foi pioneira en Galicia, non só pola data de fundación senón tamén polo papel destacado que tivo nas iniciativas levadas a cabo polo asociacionismo agrario galego antes de 1936.
Os veciños de Salcedo xa foran noticia en todo o estado polos sucesos do Campo da Porta. No interesante blog “Fol de Veleno Weblog” hai un artigo sobre estes sucesos no que se recollen testemuños orais do coñecemento que os veciños de Salcedo conservan sobre os feitos. Non está de máis tratar polo miúdo o sucedido.
 A última década do XIX estivo caracterizada na nosa bisbarra pola proliferación de motíns populares contra o cobro de impostos, o máis destacado foi o protagonizado por vendedoras da praza e leiteiras de Pontevedra en xullo de 1892 na ponte do Burgo.
    O 19 de xuño de 1894 chegaron ao Campo da Porta os axentes do arrendo encargado da cobranza das células, eran José Caramés, José Benito Cochón e Andrés Rodríguez e viñan protexidos por unha parella da Guardia Civil. A chegada desta comitiva produciu gran excitación entre los paisanos por considerar abusivos e injustos los procedimientos de cobranza, siendo los agentes maltratados. Os recadadores fuxiron poñéndose a salvo na casa do concelleiro da parroquia sr Salgueiro e os gardas volveron ao cuartel e informaron do sucedido. Dende o cuartel saíron un tenente e once números para rescatar aos recadadores e impoñer a orde.
    Os veciños foron convocados con bucinas e fixeron fronte aos gardas. A primeira versión dos xornais foi a de que algúns veciños deran un golpe na cabeza ao tenente e que outros tentaran desarmar aos gardas; tamén afirmaban que a forza fora recibida a pedradas. O xornal barcelonés La Vanguardia (21-6-1894) calificaba os sucesos de motín e afirmaba que  
la multitud agredió a los recaudadores y a los guardias civiles que les acompañaban. La agresión hizo necesario el empleo de las armas, resultando de la colisión dos hombres y una mujer muertos, tres heridos y muchos detenidos.
    Os mortos foron Francisco Piñeiro, José Rodríguez Rial e Manuela Couso, esta última atopábase encinta e tiña un neno pequeno no colo cando recibiu un balazo; tamén foron feridas as súas irmás María e Benita. Os gardas civís feridos foron José Iglesias na perna dereita, Gerardo Conde na cabeza e nun brazo e o sarxento Hermógenes López tiña a levita atravesada por unha navallada.
    Os feridos foron trasladados  ao Hospital Provincial, tamén os mortos para serlles efectuada a autopsia. Foron detidos varios veciños, entre eles os que foran ao xulgado a dar parte do sucedido e que eran o alcalde de barrio Manuel Gallego e os seus acompañantes José Blanco Pintos, Ignacio Pintos, Manuel González, José Carabelos Fernández e Manuel Rial. O xuíz municipal sr Boullosa instruíu as dilixencias que resultaron en dous sumarios: un por desacato e ameazas aos axentes do arrendo das células e outro por atentado á Guardia Civil. O comandante da Guardia Civil tamén instruíu sumario nomeando instrutor ao capitán Francisco Blázquez.
    O xornal Gaceta de Galicia (23-6-1894) relataba o enterro das vítimas: 
Después de las cinco de la tarde salieron del Hospital los tres féretros encerrando los cadáveres de las víctimas. Era una comitiva severa y tristísima. Las tres cajas negras y sencillas, y conducíanlos en hombros paisanos de Salcedo. Labradores convecinos de los fallecidos llevaban también las cintas de los féretros. Seguían dos sacerdotes y tras la presidencia del duelo marchaba un gentío inmenso, casi toda la parroquia de Salcedo, con muchas más personas de Pontevedra. Sinnúmero de mujeres vecinas de las que fueron víctimas del suceso lloraban con desconsuelo y sus gemidos y sus llantos eran desgarradores.
    A solidariedade coas familias dos falecidos non se fixo esperar e, en Pontevedra, ábrese unha colecta  facendo notar que, se ben o viúvo non quedaba nunha situación desamparada en canto a recursos para vivir, as viúvas e orfos quedan en la situación más deplorable y triste. Los dos muertos eran trabajadores que sostenían a sus familias con el producto de su exiguo jornal.
    Algúns xornais piden a posta en liberdade dos detidos e non se explican que os gardas civís non estean sometidos a consello de guerra. Destaca Unión Republicana que lamenta o feito de que despois de pedirlle á banda de música Popular que suspendese o concerto da Ferrería, a ameaza de darse de baixa por parte de socios da citada banda logrou que o concerto se celebrase. A prensa tamén critica  a actitude do concelleiro Salgueiro e pide que non volva ao concello.
    Pero a repercusión do suceso acada dimensión estatal, o deputado conservador Fernández Villaverde anuncia unha interpelación ao goberno e anticipa a opinión de que no motín, aínda que os gardas civís agrediron á multitude, o verdadeiro culpable era o gobernador civil por non saber evitar a colisión. O deputado liberal Eduardo Vincenti, xenro de Montero Ríos e Director Xeral de Instrucción Pública, pide que compareza o gobernador para explicar o ocorrido, que o ministro de Facenda instrúa expediente á compañía arrendataria do cobro de células persoais e que se adopten  medidas para que o imposto se reparta equitativamente en toda España. Aproveita para sacar rendemento político da súa postura e telegrafía ao alcalde de Pontevedra:
 ...Pedí ministro Hacienda atienda clamores labradores bastante esquilmados ya por consumos y afirmé debe plantearse el impuesto en relación y armonía entre vecinos y Hacienda, pues ganarán todos y no se perturbará la paz pública. Comuníquelo prensa y Junta Artesanos y abra suscripción para familias muertos, apuntándome con doscientas pesetas.
 O deputado republicano Salmerón interpela tamén ao goberno, di que se trata de verdadeiros asasinatos,  pide que se impoña castigo aos culpables e censura o sistema de arrendamento de impostos. O ministro de Gobernación ofrece a versión oficial e afirma que se tratou dun motín contra o recadador das células apoiado polos gardas civís e que estes dispararon para repeler a agresión, se ben recoñece que o gobernador incorreu en deficiencia por non acudir a Salcedo; promete que se depurarán os feitos e farase xustiza.
    Como vemos, os conservadores aproveitan a ocasión para saldar contas cos liberais, agora no goberno, pola actitude daqueles, cando estaban na oposición, sobre os citados motíns do Burgo. Republicanos e socialistas estarán detrás da organización dos labradores impulsando a fundación de sociedades agrarias no 1896.
    O fiscal pediu no seu informe que se deixase sen efecto o procesamento dos detidos poñéndoos inmediatamente en liberdade por non haber cargos contra eles e si contra a Guardia Civil por facer uso das armas.