viernes, 19 de marzo de 2010

Guerra Química


A utilización de armas químicas durante a guerra civil é un tema pouco estudado, aínda que constan referencias sobre a utilización ocasional das mesmas, tanto por parte do bando sublevado como polo exército republicano.
Publicacións dos últimos anos mostran documentación referida a experimentos das tropas italianas en España, tanto con armas químicas como bacterianas (esporas de tétanos). O Servicio de Guerra Química dos sublevados estivo asesorado polos alemáns, sendo o xefe do grupo alemán de instrución neste servizo o capitán Manne. O diario ABC do 17 de febreiro de 1940, danos conta da imposición de varias condecoracións alemás (Cruz de Mérito da Águia) a varios mandos españois deste servizo, entre eles ao director do mesmo, o coronel Juan Izquierdo Grosellas.
Na zona republicana, cerca de Madrid, estivo en funcionamento a fábrica de armas químicas de La Marañosa (S. Martín de la Vega), fundada en 1923 e que, na actualidade funciona como instituto tecnolóxico dependente do ministerio de Defensa.
Hai precedentes do emprego de iperita, cloropicrina e fosxeno por parte do exército español na guerra do Rif.
En Pontevedra, en abril de 1937, o laboratorio de Ciencias Naturais do Instituto pasa, por orde superior, ao servizo do exército para análises en relación coas industrias militares. Desígnase ao joven y muy culto profesor Juan Ugarte para organizalo.
Non parece que se levase o asunto con moito secreto nin que os medios a disposición do sr Ugarte foran moitos pois, máis dun ano despois, o Diario de Pontevedra (25-8-38) facía público o seguinte anuncio do Servicio de Guerra Química:
Se interesa a todas aquellas personas que posean la Enciclopedia de Química Industrial, de Ullmann o Thorpe, y que puedan desprenderse de ella, pasen por la Delegación del Servicio de Guerra Química, del Ejército, sita en el Laboratorio de Movilización de Industrias Civiles (Instituto) para su adquisición por parte de la Dirección de dicho Servicio en Salamanca. Esta nota se amplía a las publicaciones de Guerra Química. El Delegado de Guerra Química. Juan Ugarte Pollano.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Encargaríase a Igrexa de o acubillar ofrecéndolle aulas no colexio Sagrado Corazón, da rúa Joaquín Costa de Pontevedra, polo menos avanzados os anos 60 ?

Xosé Álvarez Castro dijo...

Hai que facer constar que o profesor Ugarte estaba militarizado e suxeito a "ordes superiores" polo que é difícil saber o grao de voluntariedade na súa implicación nesta tarefa.