sábado, 24 de febrero de 2018

Crase contra crase (2)

Para completar o escrito noutra entrada anterior sobre o programa presentado polo PC no ano 1933, resumimos algúns dos puntos referidos a aspectos non tratados naquela ocasión:
* As terras dos grandes terratenentes, da Igrexa, dos mosteiros, das municipalidades e do Estado, así como os apeiros de labranza, serán confiscadas sen indemnización e repartidas gratuitamente entre os obreiros agrícolas para que as traballen, individual ou colectivamente, segundo decidan.
* Todas as débedas dos campesiños serán anuladas e as cargas señoriais (foros e semellantes) abolidas; os impostos do réxime burgués suprimiranse.
* O goberno proverá aos campesiños de maquinaria, sementes, créditos, etc para aumentar a produción, rematar coa miseria e a fame e elevar o benestar das masas traballadoras.
* Reducir a xornada de traballo e aumentar o salario o suficiente para atender as necesidades; eliminar os contratos explotadores e usurarios.
*Confiscación e nacionalización das empresas, da gran industria; control da produción e distribución por parte dos soviets; nacionalización dos bancos, dos medios de transporte e comunicacións en mans do capital (ferrocarril, barcos, autobuses, teléfonos, radio...)
*Instauración xeral da xornada de sete horas (40 semanais) e de seis para mineiros e industrias insalubres así como para a mocidade. Subsidio inmediato para os parados ata que sexan absorbidos polas diversas ramas da produción; a produción será adaptada de forma que asegure o traballo permanente dos obreiros.
* Seguro xeral (de enfermidade, accidentes, vellez, maternidade) por parte do Estado e empresas nacionalizadas sen achegas por parte dos obreiros.
*Supresión da Guardia Civil, de Asalto e de todas as forzas armadas dos capitalistas e terratenentes. Armamento dos obreiros e campesiños. Elección dos funcionarios públicos polos soviets.
* Supresión do exército permanente como instrumento en mans dos capitalistas e terratenentes, eliminación do corpo de oficiais e creación dun “Ejército Rojo obrero y campesino” para defender os intereses das crases populares e da revolución.
Explica o documento o que serán e que farán os soviets elixidos polos traballadores:
romperán definitivamente el poder de las clases explotadoras, de los capitalistas y terratenientes; liquidarán totalmente el sistema de coerción burocrático y antipopular del estado y de las municipalidades y los reemplazará por órganos populares en que participen las más amplias masas de obreros y campesinos en la dirección de su Estado. Los Soviets les asegurarán pan, trabajo y libertad y les representarán y defenderán sus intereses y necesidades diarias.

Como reivindicación no parlamento, os representantes comunistas proporán:
* A liberación inmediata dos presos sociais e amnistía de crase para todos os presos obreiros , campesiños e soldados condenados por defender a revolución.
*Disolución e desarme das organizacións fascistas. “Clausura de los centros y clubs de conspiración monárquicos y jesuíticos” con confiscación dos seus bens e entrega gratuíta ao pobo traballador.
*Creación de milicias obreiras e campesiñas.
* Apertura dos centros sindicais e políticos clausurados e derogación das leis fascistas de Orden Público, de vagos, etc.
* Amplo dereito de organización, prensa, manifestación e folga para os traballadores.
De xeito específico para os parados: seguro contra o paro forzoso, con salario íntegro durante todo o período de paro pagado polos patróns e o estado. Subsidio inmediato dun 75% do salario, non menor de tres pesetas diarias, a todos os parados. Subministro de leite, comestibles, combustibles e roupas ás familias máis necesitadas. Prohibición do desafiuzamento así como todo pago de aluguer e impostos para os parados. Ocupación de clubs, palacios e demais mansións dos grandes explotadores, dos locais da Igrexa e ordes relixiosas, para este fin. Control de todas estas medidas polos Comités de parados, recoñecidos como órganos representativos dos sen traballo.
Para os soldados: recoñecemento dos seus dereitos políticos e civís, dereito de reunión, electoral, de asociación e prensa. Creación de comités de soldados para a defensa dos seus intereses e condicións de vida no cuartel. Supresión do saúdo e dereito a vestir de paisano e habitar fóra do cuartel así como un soldo de tres pesetas. Elección de oficiais por parte dos soldados, dereito a facer o servizo militar na súa rexión e pago dun socorro ás familias durante a permanencia en filas. Catro semanas de vacacións na época da sementeira e da colleita.
En canto a instrución pública: ensino laico e gratuito, obrigatorio ata os 14 anos. Prohibición do ensino relixioso nas escolas e subministro gratuíto de merendas escolares, libros e roupas. Confiscación de todas as escolas relixiosas e, nos niveis non obrigatorios, pago dun soldo por parte do estado aos estudantes pobres.

No hay comentarios: