viernes, 9 de febrero de 2018

¡Clase contra clase! (1)

Ano de 1933. O 19 de novembro celébranse eleccións parlamentarias, as primeiras nas que poden votar as mulleres. A dereita preséntase en coalición electoral, o partido Radical pacta con pequenos grupos de centro-dereita e os republicanos de esquerda, o PSOE e o PCE presentan candidaturas separadas. A CNT fai unha activa campaña pola abstención.
O Partido Comunista de España edita un folleto, que vende por 10 céntimos, no que se plasma a “plataforma de lucha” para as eleccións lexislativas. Baixo o lema “¡Clase contra clase!” aparece explicado o que sería o programa do goberno “obrero y campesino”, no caso de acceder ao poder.
¡Por el Poder de los obreros y campesinos, única salida revolucionaria! ¡Por el pan, la tierra y la libertad! ¡Por la España de los Soviets” ¡Trabajadores: Formad el frente único! ¡Trabajadores: Votad al Partido Comunista!
As 18 páxinas podemos dividilas en diversos apartados: a) Balance dos dous anos e medio da república “burguesa y terrateniente”, como cualifica ao bienio azañista. b) Crítica á actuación do Partido Socialista e do anarquismo. c) O Partido Comunista como “único camino de salvación”. d) Programa detallado da alternativa comunista e plano de actuación dos seus deputados. e) Chamamento aos obreiros socialistas e anarquistas de cara á formación do “Frente Único”.
Os destinatarios da publicación son os sectores que compoñen a previsible clientela electoral do partido, que aparecen nomeados de xeito explícito:
¡Obreros, campesinos! ¡Mujeres y jóvenes trabajadores! ¡ Explotados y oprimidos de España, Cataluña, Vasconia, Galicia, Marruecos y demás colonias!
Todo o documento presenta un interés moi relevante e iremos divulgando algúns dos seus apartados; como avance, nesta entrada falaremos do tratamento que lle dá ao problema das “autonomías”, moi candente tamén naquel momento, e ao, non menos actual, da discriminación contra as mulleres.
Sobre o que cualifica como “pueblos oprimidos de Cataluña, Vasconia y Galicia”, critica que durante estes anos, máis alá dos estatutos de autonomía rexional,
NO HAN RECIBIDO EL DERECHO A LA AUTODETERMINACIÓN NI LA LIBERTAD NACIONAL PROMETIDA. [maiúsculas no orixinal] Continúan sometidas al imperialismo español, al yugo rapaz del Estado central.
Sobre Marrocos e outras colonias, destaca que seguen anexionadas e expoliadas pola “España imperialista” como nos peores tempos da monarquía.
No seu programa de goberno obreiro e campesiño, dedica o apartado 8 a tratar o tema:
Liberación nacional de todos los pueblos oprimidos. El gobierno Obrero y Campesino reconocerá a Cataluña, Vasconia y Galicia, pleno derecho a disponer de si mismas hasta la separación de España y formación de Estados independientes.
Na actividade dos seus futuros deputados (só obterán un representante) figura entre as reivindicacións a defender
Apoyo activo y directo a todos los movimientos revolucionarios de las nacionalidades oprimidas por el imperialismo español. Retiro inmediato de todas las fuerzas militares, policíacas y administrativas. Liberación de todos los presos por luchar contra la opresión nacional.
Nun apartado específico que titulan “Para los pueblos oprimidos”, defende o ensino da lingua materna e o dereito a utilizala en todos os actos da súa vida, o dereito dos soldados a facer o servizo militar nas rexións natais e o dereito a falar o idioma nativo durante o mesmo.
En canto á muller, no programa xeral non hai un tratamento diferenciado, na liña habitual da esquerda obreira, e adícanlle un apartado específico baixo o título “Para las mujeres trabajadoras”:
Igualdad de derechos políticos y civiles para las mujeres desde los dieciocho años. A igual trabajo, igual salario. Seguro de maternidad, a cargo del Estado y los patronos, sin aporte de ninguna especie de parte de las trabajadoras. Derecho al aborto. Amnistía inmediata de todas las mujeres condenadas por ese motivo. Derecho de las mujeres para no asistir seis semanas antes y seis después al trabajo y recibir el salario íntegro, con el puesto respetado. Cuidado gratuíto de los médicos y parteras, anterior y posterior al parto. Dotación de una ayuda especial para atender al recién nacido. Creación de las casas cunas y jardines de infancia.

1 comentario:

Juan José Guirado dijo...

Gracias, Pepe. Como siempre, encuentras documentos interesantes.