jueves, 1 de marzo de 2012

Mourente (2)

Aparte de Manuel Martínez (secretario de axitación e propaganda), no secretariado do Radio do Partido Comunista pontevedrés ocuparon postos destacados outros veciños de Mourente: José Villaverde Cendón (secretario sindical) e Manuel Ruibal López (secretario político). José Villaverde, canteiro, cuñado de Aurelio Torres, ocupou a vicepresidencia do sindicato de canteiros, no ano 1933 fora detido, xunto con José Oliveira, por agresións a un obreiro. Foi detido o 18 de setembro de 1936 e os xornais afirman que era o secretario do “sindicato Radio Comunista”. Cunha táctica repetida por numerosos detidos, non dubida en botarlle as culpas a outros compañeiros que estaban fuxidos ou foran fusilados. Nega pertencer ao Partido Comunista e afirma non ter ideoloxía política

“tan es cierto que él no tiene ideología comunista que ayudó a su padre a expulsar de su domicilio a un cuñado suyo, comunista destacado, llamado Aurelio Torres, precisamente por su manera de ser, hecho que puede confirmar el párroco de aquel lugar Don Ignacio Triñanes” (AIRMN)


Manuel Ruibal López, canteiro, do lugar de O Pazo, xa estivera detido nos sucesos de outubro do 34 pasando dez días no cárcere, daquela ocupaba o cargo de secretario da federación da construción. Detido tras o golpe, recoñece a súa pertenza ao Partido Comunista ata outubro do 34 e manifesta que a partires desa data non pertence a ningún partido e que unicamente está afiliado á sociedade de canteiros da Casa do Pobo. O informe 1727 da Comisaría de Investigación y Vigilancia afirma:

...la personalidad de este sujeto resaltaba como la de unos de los principales instigadores, promotores y directores de dichas doctrinas [comunistas], las que con todo ahínco procuraba inculcar a las juventudes y sociedades obreras sobre las que ejercía nefasta influencia. Se señala como lugar-teniente de un tal Torres, del mismo lugar, desaparecido después de los sucesos. Luchó con inusitado esfuerzo por el triunfo del llamado Frente Popular, en las elecciones de Febrero último y era, con algunos otros, entre los que se cuenta Torres, el terror de las personas no afectas al ideal que propugnaban ellos. [...] En materia religiosa da la impresión de ser un descreído, pues, aparte de no concurrir él a los actos religiosos, tiene todos sus hijos sin administrar el Sacramento del Bautismo. Por lo demás su moral privada es buena. La situación económica es bastante desahogada si se tiene en cuenta la que corresponde a sus padres y sobre todo a los suegros que poseen fincas rústicas y algunas urbanas. (AIRMN)


O seu irmán José tamén militaba no Partido Comunista e, ao igual que Manuel, afirma que abandonara o partido no 34 e que despois de establecer boas relacións con “personas de orden” foi insultado por ex-compañeiros que lle afearon a súa conduta, chegando incluso a pelexarse con algún deles.
Ademais dos tratados nesta e noutras entradas deste blog, sen ánimo exhaustivo, nomeamos outras persoas de Mourente que foron detidas e sufriron cárcere pola súa pertenza a organizacións republicanas: Benito Otero Alén, carpinteiro, afiliado á UGT, detido a primeiros de agosto de 1936 e acusado de pertencer á célula comunista nº 3. Constante Tomé Tomé, canteiro, do lugar do Pazo, afiliado a UGT, o 11 de outubro de 1934 fora detido xunto con outro veciño de Mourente, Manuel Amoedo, por estar en posesión de armas de fogo; Amoedo fora condenado a 18 anos de cárcere que cumpriu no forte de S. Cristóbal ata o triunfo do Frente Popular. Constante foi detido na madrugada do 1 de setembro do 36 por un grupo de cívicos, entre eles Mirón, e gardas civís. Despois de ser “debidamente interrogado” (lembremos que había numerosas retractacións diante do xuíz por ameazas e malleiras nos interrogatorios), nomea algúns dos compoñentes da célula comunista de Mourente: Joaquín Martínez, Manuel López, un fillo de Enrique Acuña [Víctor Acuña], Benito Otero, Manuel Piñón, Alfredo Oliveira [executado en Ferrol], Ramón Meis Pintos [fillo de Ramón Meis], Herminio Coto [cuñado de Manuel Amoedo], Manuel Torres [“O Chía”, irmán de Aurelio Torres, membro das milicias antifascistas e detido en Vigo pola Guardia Cívica pontevedresa], Joaquín Carregal e José Ruibal. A célula estaba formada por uns vinte compoñentes e a maioría eran membros das Juventudes Socialistas Unificadas. Algúns dos citados participaron activamente, xunto con Amoedo e Torres, nas requisas de armas do día 20 de xullo.
Nun listado de presos con data 26 de maio de 1937 aparecen, aparte dalgúns dos nomeados anteriormente, os seguintes: Andrés Estévez “O Pataqueiro”, de Carabelos, acusado de baixar a Pontevedra cunha pistola e unha escopeta, Otilia Meis e Rafael Chacón, afiliado ao sindicato de panadeiros da CNT. Os informes da Guardia Civil sobre algúns deste veciños son: Inocente Filgueira, de Carabelos, “De mala conducta y antecedentes, comunista y propagandista”; Andrés Estévez, de Carabelos, “De dudosa conducta, simpatizante del frente popular”; Constante Tomé, “De mala conducta y antecedentes, comunista significado”; Benito Otero, de santa Margarida, “se duda de su conducta y antecedentes, estuvo afiliado al comunismo de donde se separó hace algún tiempo y se le supone extremista”; Otilia Meis, de Cons, “De mala conducta y antecedentes, comunista significada”. Foron xulgados en diversos consellos de guerra e condenados a penas de prisión. Sobre algúns nativos ou veciños de Mourente executados ou “paseados”xa tratamos noutras entradas deste blog; outras persoas leais á causa republicana lograron escapar da represión fuxindo ao estranxeiro como foi o caso do concelleiro agrario Manuel Sanmartín.

2 comentarios:

Ramon Otero Gil dijo...

Mi nombre es Ramon Otero Gil, vivo en Buenos Aires, Argentina, y soy sobrino de Benito Otero Alen, que se menciona aqui. El, años mas tarde vino a Argentina donde vivio hasta mediados del año 1970, voviendo a Pontevedra, donde se caso y fallecio en la decada del 80. Mi padre, Gerardo Otero Alen, nos conto parte de la historia de sus hermanos, y agradezco a Usted el trabajo de investigacion que ha llevado a cabo. Quisiera saber, si entre los antecedentes que ha recopilado, tiene algo respecto a un hermano de mi padre y Benito, llamado Ramon Inocente Otero Gil, desaparecido en la guerra civil Española, detenido en Pontevdera y condenado a prision perpetua por portar armas de guerra, donde escapo luego formando parte de los maquis en la frontera francesa donde estaba la resistencia Republicana. Se que el tuvo que trabjar forzadamente para los nazis cuando invadieron Francia. Su ultima postal es de Nantes, y nunca supimos mas de él, salvo que por comentarios-entre los que se encuentran los que copio seguidamente de Memoria Historica- aparentemente murio en una emboscada en el Valle de Aran. Si Usted tiene algun libro en que se haga mencion a Ramon, de quien llevo nombre y apellido, se lo agradezco de corazon. Le copio link a la info que encontre en su momento:

http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/1751/
Ramon Otero Además Inocente
desaparición
Inicio de 24 años, Albanel
natural de Pontevedra (Pontevedra)
vecinos: un Mourente seco, Pontevedra (Pontevedra)
Juzgados en Pontevedra por unirse a la rebelión con la frase consecuencia de cadena perpetua. Después de él, de ser apagado y fuera de la prisión, simplemente integrar la guerrilla antifranquista. Desaparición en el Valle de Aran el resultado posiblemente murió en una emboscada.

Xosé Álvarez Castro dijo...

Grazas polas súas palabras. Como no meu libro sobre a represión en Pontevedra abarco só ata 1939 só aparece citado Ramón nun informe da páxina 182; na miña publicación "Mourente nos anos do medo. Sociedade, golpe militar e represión" editado pola CMVMC de Mourente trato máis polo miúdo o caso de Ramón e tamén de Benito. Copio o publicado: "Benito Otero Alén, carpinteiro do lugar de Santa Margarida, de 19 anos, fillo de Benito "O Canelo" e de Peregrina, afiliado co número 39 á Socidade de Canteiros, filial da UGT; detido a primeiros de agosto de 1936 acusado de ser instrutor de milicias de Mourente e de ser asíduo asistente a cantas manifestacións e mitins de matiz marxista se celebraban; recoñece formar parte das milicias antifascistas, pero aduce que o 20 de xullo atopábase enfermo, polo que baixou á consulta do médico Crespo e volveu para a casa cando voou o aeroplano. Benito é un dos detidos que se queixa diante do xuiz polas malleiras e ameazas de norte que sofre nos interrogatorios da Guardia Civil para que declarase no sentido que lle indicaban."

Sobre Ramón: "Un caso singular é o de Ramón Otero Alén, albanel de 24 anos, da Seca. O informe decía "De mala conducta y antecedentes, comunista, afiliado a la CNT y propagandista. Estaba afiliado á Casa do Pobo no ramo da construcción.Participou na requisa de armas dentro do grupo mandado por Juan Milleiro e con mandato do gobernador. Cando volvían de requisar armas na casa do contratista Bugallo, na estrada de Ourense, foron detidos pola Garda Civil. Xulgado na causa 174/37, foi condenado a cadea perpetua e conmutada a pena; preso na illa de san Simón, foi posto en liberdade o 21 de xullo de 1940; pasouse á guerrilla e desapareceu na invasión do Val de Arán no ano 1944".

No caso de desexar manter contacto conmigo pode escribir a: sempreconvos@hotmail.com Saúdos