miércoles, 28 de julio de 2010

Petición de indulto

Moito se ten escrito das parodias de xuízos que foron os consellos de guerra que tiveron lugar tras o golpe de estado do 36. Unha das peculiaridades dos mesmos era que os defensores eran militares, sendo elixidos dunha lista que se lles presentaba aos encausados. Eran, polo tanto, persoas que, con maior ou menor entusiasmo, estaban comprometidas coa sublevación. Aínda así, en bastantes casos, poñían a mellor vontade na defensa dos seus patrocinados, a pesares da súa falta de formación xurídica ou do feito de que os compoñentes do tribunal eran superiores xerárquicos seus. De todos os xeitos, a calidade da defensa que se facía pouco influía nunhas sentencias que estaban determinadas por adiantado.

Un dos recursos utilizados a miúdo polos defensores, era o de admitir as acusacións, pero tentando rebaixalas en orde á suposta carencia de formación dos reos que posibilitaba que foran manipulados por dirixentes sen escrúpulos. Tamén era habitual a apelación ás condicións familiares ou ao compromiso dalgún parente cos golpistas. Un exemplo desta actitude -neste caso unha petición de indulto para uns condenados a morte- é a carta que transcribo a continuación.

Ilustrísimo señor:

Feliciano Gómez Pedreira, Alférez de Artillería con destino en el Regimiento Ligero, número quince, defensor en la causa sumarísima número ciento quince del año actual [1937], a V.I. respetuosamente expone:

Que el Consejo de Guerra en que se vió y falló dicho proceso condenó a sufrir la última pena a los procesados ALBINO SÁNCHEZ LEIRO y JOSÉ ACUÑA LAMAS, de los que ha sido Defensor el dicente, y a requerimiento de las familias de dichos condenados se permite interesar de V.I. se digne proponer, si lo estima oportuno, el indulto de los mismos, por concurrir las circunstancias siguientes:

ALBINO SÁNCHEZ LEIRO, analfabeto, inferior mental, arrastrado a la comisión del delito por quienes valiéndose de sus dotes superiores pretendían llevar a nuestra querida Patria al caos, deja en la mayor de las miserias a una madre anciana que cuenta con otro hijo incorporado a nuestro glorioso Movimiento y que pelea en las filas de la Legión.

Más desgraciada es, si cabe, la situación de la pobre esposa de JOSÉ ACUÑA LAMAS, madre de cinco criaturas y próxima a dar a luz su sexto hijo, que pierden en su padre el sustento y el honor, y viven estas horas angustiosas con la esperanza de que el Caudillo, dando prueba una vez más de esa piadosa benevolencia que es principio básico de la Nueva España, tenga bien inclinarse al perdón de estos dos desgraciados, culpables sí, pero inconscientes.

Por todo ello, a V.I. respetuosamente,

SUPLICA que, si creyere existen méritos para suscitar alguna iniciativa en pro de estos dos condenados, se digne proponer el indulto de los mismos, en la seguridad de que tendrá el eterno agradecimiento de ellos, y muy especialmente de sus numerosos y angustiados familiares.

¡VIVA ESPAÑA!

Nesta ocasión un dos reos, José Acuña, tivo a sorte de que a pena lle fora conmutada pola de reclusión perpetua. Albino Sánchez foi fusilado na avenida de Bos Aires o 17-4-37.


2 comentarios:

LA NIÑA DEL EXORCISTA dijo...

Dous notas:

1) ¿Parodias de xuizos? Se así fose non sairían absoltos os encausados, e dos consellos hai xente que sae libre ¿Ou non?

2) Polo que atinxe á afirmación de que os defensores eran sempre militares, discrepo tamén. Eran militares cando o xuizo era sumarísimo. Por exemplo, o último alcalde republicano da Coruña, Alfredo Suárez Ferrín, foi defendido polo abogado Manuel Casás Fernández.

Nalgún sitio lin que ao longo da guerra modificouse o Código de Xustiza Militar para facer que os encausados, aínda facéndose a instrucción polo procedemento ordinario, tan so poideran ser defendidos por militares. É algo que descoñezo.

Xosé Álvarez Castro dijo...

Un repaso á bibliografía máis obxectiva sobre o tema tería como resultado un calificativo igual ao da entrada do blog. A existencia de absoltos non rebaixa unha calificación que se basea en multitude de factores que necesitarían moito tempo e espazo para discutir.
Efectivamente, durante un breve espazo de tempo había a posibilidade de defensores civís e tamén é certo esa modificación para que fosen militares. Practicamente na totalidade das causas do tempo tratado neste blog e en Pontevedra, os defensores foron militares, existindo un listado de oficiais que podían ser escollidos para exercer como tais. A lectura do bando de guerra (Boletín Oficial de la Junta de Defensa Nacional de España. Nº3. Burgos,30 de xullo de 1936) confirma que a práctica totalidade de comportamentos polos que son procesadas están englobadas no procedemento sumarísimo, pois ademais dos comprendidos nos títulos V,VI,VII e VIII do tratado 2º do CJM, engade varios artigos tipificando de tal xeito numerosos comportamentos.