jueves, 31 de diciembre de 2009

A linguaxe do odio (3)

Outra figura política que foi suxeito da xenreira dos sublevados foi o político galego Santiago Casares Quiroga,
el hombre más cínico y perverso que dió a luz el engendro del 14 de abril. ¿Que ha sido de esta hiena céltica, el cruel gobernante de agosto de 1932 y el desalmado presidente del Consejo de ministros... Es seguro que estará en sitio donde no le pase nada y lavándose las manos, porque ese monstruo, hasta por el tipo, servía para Pilatos y para Barrabás en una pieza. (El Progreso, 25-11-36, tomado de El Norte de Castilla).

É moi coñecido o oficio que José María de Arellano, gobernador civil da Coruña, envía o 26 de novembro de 1937 ao presidente da Audiencia Territorial; dito escrito foi publicado nos xornais daqueles días e di o seguinte:
Siendo indigno de figurar en el Registro oficial de nacimientos que se lleva en los Juzgados Municipales, instituído para seres humanos y no para alimañas, el nombre de Santiago Casares Quiroga, someto a su consideración, la procedencia de que se cursen las órdenes oportunas para que el folio oprobioso del Registro Municipal de esta ciudad en que se halle inscripto su nacimiento se haga desaparecer; y en este sentido espero me comunicará V.E. La prestación de ese obligado homenaje a la España Una, Grande y Libre de Franco.
En las Actas del Colegio de Abogados y en cuantos libros figure el nombre repugnante de Casares Quiroga deberá procederse asimismo a borrarlo, en forma que las generaciones futuras no encuentren más vestigio suyo que su ficha antropométrica de foragido (sic).

Non podían actuar directamente contra el pero si o fixeron cos seus bens e coa súa familia, detendo a unha filla, Esther, que permaneceu presa no Hospital Naval do Ferrol (estaba enferma de tuberculose) ata 1938 e logo no cárcere da Coruña e en liberdade vixiada ata o seu exilio a México no 1955.
O inefable Queipo de Llano, que polas noites peroraba na radio dos golpistas, utilizaba unha linguaxe na que mesturaba o machismo máis explícito cun pretendido sentido do humor. Como exemplo algúns parágrafos do emitido o 16-3-37:
En cuanto a Angelita Galarza [ Ángel Galarza, socialista, ministro de gobernación] ya sabemos todos que es un caso patológico de perversión y sadismo. Entre el Canallero [ Largo Caballero, presidente do goberno] y Angelita Galarza no sería fácil la elección, por más que es notorio que cuando una mujer sale mala, es cien veces peor que el hombre malo [...] Yo ya he dicho en otras ocasiones, que aparte de los “snobs” sólo figuran en las filas comunistas los perversos o los pervertidos. Y también los idiotas, como el hijo de Ossorio y Bigardo [Ossorio y Gallardo, ministro na monarquía e embaixador da República] pero la cara de idiota que se gasta el niño [...] José Antonio Aguirre [lehendakari vasco], el chocolatero, individuo tonto...

Esta linguaxe tamén se extende polos xornais. O Diario de Pontevedra (23-1-37) titula: No pierden las mañas. Los marxistas huídos a Francia se dedican a cometer atracos. Ou El Progreso, tamén de Pontevedra, (16-12-36), Las mujeres rojas son peores que los hombres. El Daily Express publica un artículo respecto a la actitud de las mujeres españolas rojas y dice que se muestran tan sanguinarias y ejecutan mayores crueldades que sus propios camaradas.
Neste panorama, é comprensible que cando deteñen a un pobre limpabotas de Bouzas, a nova se redacte do seguinte xeito:...limpiabotas, reclamado como maleante, beodo, vicioso, blasfemo, promovedor de escándalos públicos y pordiosero grosero. (El Pueblo Gallego, 19-12-37).
Pero non pensemos que os organismos oficiais na súa propia documentación están á marxe deste xeito de utilización da linguaxe, nos informes sobre detidos en Pontevedra, elaborados pola Guardia Civil, Comisaría e outros, podemos atopar escritas xoias como as seguintes (poño só as iniciais dos nomes ): Carlos G.S. Es anormal, alcohólico y sifilítico. Otilia M.P. :...informa la Guardia Civil: Que con motivo de ser imbécil no se puede apreciar su ideal. (AIMN. Ferrol)
Nos propios informes internos de Falange, podemos atopar un do Servicio Provincial de Información e Investigación, xa no ano 1945 e que, referido a un antigo oficial da Garda Cívica pontevedresa, afirma : El rumor público lo conceptuaba de invertido sexual.
Esta asociación entre os republicanos -reducidos pola propaganda franquista a “los rojos"- coa inferioridade mental, os comportamentos antisociais e inmorais, a falla de ideais... e a consideración da inferioridade da muller como posuidora dunha mentalidade infantil e animal, capaz dos instintos máis crueis e depravados cando desaparecen os freos impostos pola sociedade, toman carta de natureza “científica” nas teorías do psiquiatra militar Antonio Vallejo Nájera. Este personaxe levou a cabo "investigacións" no campo de prisioneiros de S. Pedro de Cardeña (Burgos) mediante o Gabinete de Investigaciones Psicológicas, dependente da Inspección de Campos de Concentración de Prisioneros, así como con mulleres do cárcere de Málaga. Tamén escribiu libros con títulos tan suxerentes como: Eugenesia de la Hispanidad y regeneración de la raza ou Política racial del nuevo Estado.Foi catedrático de psiquiatría e membro da Real Academia de Medicina.

viernes, 25 de diciembre de 2009

A linguaxe do odio (2) o xeneral Pozas.


Pé de foto:
Pozas -nombre que será insulto, imperdonable en los días futuros- conversa en el frente de Aragón con la chusma internacional, mientras su amo, el apache de la gorra, vigila sus palabras.

O xeneral de cabalería Sebastián Pozas, masón, fora director xeral da Guardia Civil; cando o golpe militar permaneceu fiel á república e contribuíu en gran maneira a manter a parte da mesma na obediencia ao goberno legal. Máis tarde ocupou o cargo de ministro de gobernación. Morreu no exilio mexicano en 1946.
Precisamente a permanencia na lealdade republicana é algo que non lle perdoarán nunca. Será considerado desleal e sometido aos ditados de mandos estranxeiros. No xornal El Pueblo Gallego (16-1-38), atopamos párrafos como:
No hay otro hombre en la Historia del Mundo que merezca, con mayor razón, el estigma de infame; no ha existido militar alguno menos digno del uniforme que vestía. [...] En el balcón y en la plaza hay, junto al que fué general y aún se llama Pozas, un sujeto mal encarado y una dama con rostro de esquina a medianoche...




Pé de foto:

El llamado general Pozas vocifera desde un balcón lo que le dicta el repulsivo tipo de la gorra y la corbata a cuadros, que disfraza su apachismo internacional con atuendo de chulo marxista.

lunes, 14 de diciembre de 2009

A guillotina de Genaro Puga

Un dos primeiros asasinados na capital pola modalidade do “paseo”, foi o industrial Genaro Puga Sánchez, ebanista, propietario dun taller con comercio de venda de mobles na rúa Real de Pontevedra. Tiña 46 anos. Algunha testemuña lémbrao facendo garda no goberno civil un dos días previos ao golpe.
Na Pontevedra de despois do triunfo electoral da Fronte Popular, correuse o rumor de que Puga fabricara unha guillotina e, nas liortas dialécticas entre adversarios políticos, algúns aventuraban como destinatarios da mesma a coñecidos dereitistas. Non tardarían en pasar factura pola real ou suposta guillotina.
As testemuñas apuntan que, neste caso, non foi obra de “cívicos” senón dun grupo de falanxistas moi activo nos primeiros días tras o golpe. Na madrugada do nove de agosto de 1936 apareceu o seu corpo nas lindes entre Bora e Mourente. Uns din que o tiraron ao río Almofrei dende as pontes de Bora; a versión que aparece nos xornais é que apareceu “próximo a un regato que existe en la carretera de Orense, en el límite entre las parroquias de Mourente y Bora” (El Pueblo Gallego, 12-8-36) ou sexa na zona das Eirós.
O cadáver presentaba un tiro na noca con orificio de saída por un ollo. Pero o que máis impresionou ás persoas que viron o cadáver foi que o seu corpo estaba cheo de “pinchazos”, no que se apunta como o resultado da tortura para que dera conta do paradeiro da dita guillotina...
O cinismo dos redactores do xornal falanxista antes citado permítelles rematar a noticia coa seguinte frase: Descanse en paz y reciban sus familiares nuestro pésame.
Un ano despois, a Comisión provincial de incautación de bens manda instruír expediente sobre declaración de responsabilidade civil contra Bibiano Fernández Osorio Tafall, Aurelio Marzoa e Genaro Puga.

domingo, 6 de diciembre de 2009

A linguaxe do odio (1): Azaña


A descualificación dos adversarios é unha constante nas liortas políticas, pero, nos anos do medo, o insulto puro e duro era moeda de uso corrente. Dende os xornais ata os informes oficiais pasando polas inefables charlas radiadas de Queipo de Llano, os ataques á República tomaban corpo denigrando ás personaxes máis destacadas da mesma. Nesta primeira entrega, falaremos dun intelectual e político que foi branco das iras dos sublevados: Manuel Azaña. Non viñan de novo os ataques a Azaña, o propio Unamuno dixera, no ano 1931, que era un escritor sen lectores e que sería capaz de facer unha revolución para que o leran.
Os xornais pontevedreses, baixo unha férrea censura ou órganos falanxistas como o antigo xornal portelista El Pueblo Gallego, tamén toman parte na campaña.
Precisamente este último xornal vai publicar, o 24 de xuño de 1938, o debuxo que ilustra este artigo: Azaña caricaturizado de demo sobre un chan formado por caliveras.
Cando os diarios de Azaña foron roubados ao seu cuñado Cipriano Rivas Cheriff, cónsul de España en Xenebra, por un funcionario que se pasou ao bando franquista, o servizo de propaganda dos sublevados vai utilizar algúns deles para denigrar ao dirixente republicano. Unha das formas máis curiosas de facelo é a seguinte: unha suposta análise grafolóxica da súa letra. Así o fai El Pueblo Gallego (21-8-37) : logo de afirmar que os cadernos chegaran á “zona nacional” por camiños que non se podían revelar, deles podía “deducirse con exactitud el pensamiento íntimo del abominable político” e un “ gran profesor” analiza a “ letra del monstruo”.
A continuación escribo algúns parágrafos que resultan da análise feita polo anónimo grafólogo:
Hombre bilioso y cardíaco: letra temblorosa, vacilante y tortuosa [...] Insensible a todo aquello que no lesione su soberbia. Refractario a la ternura y al amor. Propicio a grandes desmayos y a depresiones nerviosas. Gustos femeninos: ausencia de rasgos fuertes en la escritura. Voluntad entregada a quien le adule. Aficiones despóticas. Tiene signos definidos que acusan la piorrea crónica [...] El poder le sirvió, ante todo, para satisfacer sus instintos sádicos. El hombre oscuro e impotente, que era carcoma del Ateneo o polilla de algún periódico confidencial, agigantado de pronto con la fuerza descomunal que da el Poder, fué un monstruo. [...] Azaña, amplificado en su pedestal de gobernante, descubrió las anormalidades características de un producto de íncubo.

Como se ve, todas as características que a propaganda franquista repetía de xeito incansable sobre a figura do presidente republicano: monstruo, afeminado, soberbio, sádico, impotente...aparecen no texto que hoxe comentamos.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Pontevedra, Granada, con Lorca ao fondo...

As novas dos xornais con motivo das escavacións da fosa na que se cree que está enterrado García Lorca, fanme lembrar un recorte que gardo dende fai anos, trátase do artigo dun falanxista, Luis Hurtado Álvarez, titulado “A la España Imperial le han asesinado su mejor poeta”. A existencia do mesmo non constitúe ningunha novidade pois foi publicado en varios xornais falanxistas no ano 1937. Tamén na internet diversos sitios, moitos deles falanxistas, fanse eco do mesmo.
Copio algúns parágrafos:
Conmovido por esa sucesión de formas que solo la vida puede ofrecernos, en estos días furiosos de lluvia, de sol encadenado, en lo más íntimo de mi ser ha empezado a dolerme tu muerte [...] Yo afirmo solemnemente, por nuestra amistad de entonces, por mi sangre derramada en la más altiva intemperie de un campo de batalla, que FALANGE ESPAÑOLA no tomó parte en tu muerte [...]Tú hubieras sido su mejor poeta; porque tus sentimientos eran los de FALANGE: Querías Patria, Pan y Justicia para todos [...] A la España Imperial le han asesinado su mejor poeta. FALANGE ESPAÑOLA, con el brazo en alto, rinde homenaje a tu recuerdo lanzando a los cuatro vientos su PRESENTE más potente
e remata co consabido ¡ARRIBA ESPAÑA! (Todas as maiúsculas están no orixinal).
Do autor pouco se sabe agás o que algúns afirman de que foi o autor da célebre consigna: Si eres español, habla español. Leo de xeito repetido que o artigo foi publicado no semanario Antorcha de Antequera en marzo de 1937 e que o seu director, Nemesio Sabugo, foi detido polas autoridades militares. Houbese ou non detención, o certo é que foi publicado tamén en Unidad (11-3-37), Voz de las CONS (5-4-37) e en El Pueblo Gallego, daquela xornal oficial da Falange editado en Vigo (23-3-37) e do que procede o recorte que gardo e que copio nesta entrada.
Tanto en Pontevedra como en Granada a resistencia ao golpe militar foi pouco duradeira e a represión moi dura. En ambas localidades xogaron un papel destacado como dirixentes nas labores represoras dúas persoas non falanxistas: Víctor Lis, deputado calvosotelista e Ramón Ruiz Alonso, exdeputado de Acción Popular e xefe do grupo que, o 16 de agosto, vai buscar a García Lorca á casa dos Rosales, falanxistas que protexían ao poeta. Na madrugada do 19 de agosto fusilaban a Lorca, logo de que Queipo de Llano dera a súa conformidade: Que lle dean café, moito café.
No ano 1967, Ruíz Alonso dicíalle a Ian Gibson que el só cumpriu ordes levando a Lorca ao goberno civil.
Víctor Lis o 15 de outubro de 1936 declara: ...que en el día de hoy y cumpliendo órdenes del Señor Primer Jefe de la Comandancia fué en unión de tres Guardias Cívicos a proceder a la detención del señor Prego... (ARMN. Ferrol).
Os dous obedecían ordes...



El Pueblo Gallego, 23-3-1937.

martes, 10 de noviembre de 2009

Lecturas patrióticas (2)



O debuxo de Oliste (¿Olimpio Liste?) recrea o castigo que España lle inflixiu ao “látigo ruso”; como escribe José Iglesias:
El látigo ruso sufrió en España monstruoso desengaño. Nuestra patria, a través de la historia, siempre fué invencible. [...] España es invencible. No muere. Es inmortal. Esto nos lo dice la Historia a través de la corriente de los siglos. Observémosla. Reflexionémosla. ¡España jamás se humilló a látigos extraños!

E o autor repasa os feitos de Numancia, Sagunto, Tarifa, San Quintín, Dous de maio, Bailén, os sitios de Zaragoza, O Callao, Arapiles... E con esta última xesta da guerra civil, salva ao mundo do “sovietismo rojo” porque
Está demostrado que nuestra Patria por privilegio divino, es el pueblo de los grandes destinos. [...] ¡¡España!! Eres la predilecta del Cielo para llevar a cabo en el Mundo las más grandes proezas, gestas y epopeyas...[...] El Cielo parece que ha dispuesto que España fuese una Nación privilegiada por excelencia y predestinada a servir de lazo y amor fraternal en el Mundo, puesto que, por el Norte, está abrazando a Europa; por el Sur, abre su corazón al Continente Africano, en el que ha llevado a cabo una gran empresa de colonización; por el Este, besa al Mediterráneo que ha sido el Mar de las luces, y, por Oeste, abraza fraternalmente a Portugal, y abre también con ternura sus brazos al Continente Americano, que ella ha descubierto, llevándole la civilización y el progreso.

Pero dentro de toda esta apoteose de elevado patriotismo, José Iglesias deixa asomar a súa vea ecoloxista e adica varios parágrafos a aconsellar o fomento do arborado e, sobre todo, dos paxaros:
¡Sed amigos de los pájaros! Ellos os pagarán con creces tales cuidados. La agricultura será defendida. Y con sus cantos y gorjeos proclamarán la cultura y el progreso de vuestro pueblo y de la Patria.

jueves, 29 de octubre de 2009

Lecturas patrióticas



O antigo concello de Xeve (Pontevedra) conta con dous fusilados tras consellos de guerra celebrados en Pontevedra, trátase do mestre de Verducido Eduardo Emilio Muíños Búa e do albanel Manuel Dios Costado; os dous contaban con 39 anos e foron fusilados no alto da Caeira o 2 de decembro de 1936. Tamén hai referencias á morte de Rafael Abelleira Cobas o 16-6-38. Así mesmo foi escenario da morte e enterramento de seis paseados procedentes doutras zonas (véxase neste mesmo blogue ¿Enterrados en Xeve?) e dos que, por testemuños recollidos ultimamente, podemos afirmar que non foron asasinados na Ponte do Couto (Tenorio), senón nun descampado xunto á carreteira que vai de Xeve a Campo Lameiro; dato este que concorda máis cos diversos testemuños sobre os feitos. Case ao tempo que tiña lugar a fallida exhumación da presunta fosa común do cemiterio de Tenorio, morría sr Daniel, supervivente das persoas que foron obrigadas a levar cos seus carros estes cadáveres para ser enterrados entre a igrexa e o cemiterio de santo André de Xeve.
Nesta actividade represiva, “baixa” se a relacionamos coa intensa actividade societaria daquel concello, deberon ter influencia dúas persoas: o crego de s. André, don Manuel Ogando que tivo unha actitude de defensa dos seus feligreses e o xefe de Falanxe e alcalde, José Iglesias Rodríguez.
Deste último e das súas publicacións, trata hoxe esta entrada.
José Iglesias era mestre de S. Andrés e -aparte dunha serie de libros con títulos como: “Pepito el Bebé”, “Pepito el Infante”, “Pepito el Valiente” ou “ Pepito el Estudiante”, autorizados polo ministerio de Educación Nacional para a súa publicación, venda e uso nas escolas de 1º ensino no ano 1939 -publicou dous folletos de alto contido patriótico: “La España Triunfal. ¡¡Gloria a Franco!!” do que foron adquiridos 500 exemplares polo concello de Pontevedra ( Sesión permanente do 30-09-1937) e tamén o titulado “Lecturas patrióticas para los heroicos soldados de Franco”, editado no 1938 e impreso por Artes Gráficas, imprenta situada na rúa Charino, 7 e que fora "La Popular", propiedade do fusilado Ramiro Paz e incautada pola Falanxe. A lectura desta obra foi recomendada polo Ministerio de Defensa Nacional (BOE 14-12-38) para clases e soldados.
Neste folleto de 36 páxinas, rebosante do ardor patriótico propio do momento, faise un repaso de xestas militares, gabanzas ao exército e consellos aos soldados.
Para mostra do ton (¡ollo á adxectivación!), copiamos o seguinte parágrafo:
¡ Hemos ganado la guerra! ¡Hosanna!. ¡ Gloria a ti, Ejército de Franco, Ejército valiente, leal, sufrido, cordial, sobrio, humano, noble, disciplinado, subordinado, valeroso, tenaz, bravo, indomable, heroico, abnegado, estoico en el fragor del combate, recio de corazón, fuerte y templado de alma!...
Has ganado una de las guerras más trascendentales que han visto los siglos. Aniquilaste a las hordas salvajes de Rusia. Salvaste a España y a 2000 años de civilización cristiana. Afianzaste la paz en el Universo. El Mundo te admira. España te aclama. La Patria hierve de gratitud hacia ti... ¡ Salve glorioso Ejército de Franco, Salve!


domingo, 4 de octubre de 2009

Bruno, "o alemán"



Cando se fala da represión nas terras do Morrazo, un nome está presente na boca de todos: Bruno “O alemán” ou tamén, “o capitán Bruno”. Quen isto escribe leva tempo tentando achegar datos sobre este personaxe pero a tarefa non é doada, resulta difícil separar a lenda da realidade polo que imos escribir sobre o documentado.

O seu nome era José Bruno Schweiger Damboech, orixinario de Munich, vivía en Marín onde, segundo testemuñas, traballaba de enxeñeiro; un irmán seu de nome Juan foi nomeado polo claustro do instituto de Pontevedra, en novembro do 36, como axudante interino de alemán. Bruno estaba casado [ ver aclaración] coa mestra Fermina Gutiérrez de Soto, irmá do coronel de Estado Maior Fermín Gutiérrez de Soto que, no momento do golpe e sendo comandante de E. M. tivo unha destacada actuación na conspiración militar e na sublevación na Coruña. Fermina será nomeada inspectora en Pontevedra

por su sólida cultura- y no digamos, por innecesario, que también por su compenetración absoluta con los principios que son base de la enseñanza primaria en el nuevo Estado- habrá de desempeñar las funciones del cargo con que se la honra, con la mayor eficacia (Diario de Pontevedra, 23-2-39).

A actuación de Bruno nas tarefas represivas céntrase nas primeiras semanas logo do golpe militar, aparecendo como cabeza visible das brigadas de falanxistas que actúan en Marín, Cangas, Moaña...

A primeira falanxe de Zapadores de Marín (integrada por falanxistas do Morrazo, Pontevedra, Porriño...) incorpórase á fronte de Asturias no mes de novembro de 1936 e en xaneiro do 37 súmaselle outra falanxe, quedando formada a 1ª Centuria de Zapadores de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Marín da que Bruno Schweiger é xefe. O 21 de febreiro do 37 é ferido gravemente polo que, un ano despois, se lle concede a "Medalla de Sufrimientos por la Patria".

Con motivo do bautizo da súa segunda filla viaxa dende a fronte a Marín en novembro do 38.

Algúns dos membros desta centuria envían encendidas crónicas onde non faltan gabanzas a Bruno, tal é o caso de Amancio Landín Carrasco que, no Diario de Pontevedra do 21-10-1937, escribe parágrafos como os seguintes:

Y esta es precisamente su aspiración, cuanta más sangre se derrame, cuanto más muerda el dolor, aunque involuntariamente por sus mejillas se deslice una lágrima, interiormente su alegría es mayor porque son españoles y entienden de satisfacción del deber cumplido [...] Y a vosotros Jefes, también sabremos agradeceros la labor que habéis desarrollado en las horas difíciles; a ti Bruno, don Bruno como respectuosamente te llaman los muchachos, que todavía con las carnes desgarradas en un trágico 21 supiste venir a nuestro lado, para llevarnos por las gloriosas rutas que nos conducirán a la etapa final.

Fai unhas semanas chegaron ás miñas mans testemuños dunha actuación de Bruno en Pontevedra capital: o 13 de agosto de 1936, acompañado dun coñecido falanxista pontevedrés, preséntase na rúa Don Filiberto buscando ao xastre Raimundo Rodríguez Neira; como queira que non se atopa nesta casa, diríxense ao bar Capacho onde residía. Raimundo négase a subir ao coche e fuxe, dispáranlle, pide protección inutilmente a unha parella de gardas de asalto que facían garda en Correos. Detéñeno e lévano nun coche. O seu cadáver aparece ao día seguinte en Marín cun tiro na noca. Fora paseado na Cruz de Maceiras, sitio habitual de actuación das patrullas represoras.

Logo de rematada a guerra, Bruno Schweiger vai vivir para Vigo.


lunes, 21 de septiembre de 2009

Publicidades (3)

















O 29 de marzo de 1939 os xornais daban conta das manifestacións de xúbilo pola toma de Madrid. Mussolini declaraba que esta era unha data grande para a historia da humanidade; en Alemaña reinaba a satisfacción e en Portugal despertábase “un exaltado regocijo popular”.
En Pontevedra, na tarde do día anterior, unha manifestación presidida polas xerarquías de Falanxe e autoridades locais recorre as rúas e, no templo de San Francisco, cántase un “Te Deum” e unha Salve pronunciando un padre franciscano “una breve pero elocuentísima y patriótica oración”. Algúns comerciantes tamén se sumaban cos seus anuncios ás celebracións.




A “sidra española” El Gaitero anima a celebrar os “triunfos nacionales” e este ambiente de xúbilo patriótico aprovéitao o ponche La Gallega para poñer un anuncio en galego que, a pesar da súa ortografía, non deixa de ter mérito.


martes, 8 de septiembre de 2009

Bebe, rojo, bebe.

Nos anos do medo non se pode dicir que a calidade poética alcanzase altas cotas, o que si destacaba nos ripios dos vates que se arrimaban ao carro dos vencedores era a burla e o odio. No Diario de Pontevedra do 26 de xuño de 1937, un tal E. Rey Seoane publica un poema co título que encabeza esta entrada: Bebe rojo, bebe. Está adicado ao panadeiro Corbacho, perseguido de las masas...del Frente Popular (nótese a finura do xogo de palabras). ¿Sería o tal Corbacho o dono da panadería na que, polas noites, se reunían compoñentes dos grupos que se dedicaban a sementar o terror en Pontevedra despois do golpe?.

O poema é o seguinte:

Rojo de la retaguardia

que entre nosotros te mueves,

que gozas de nuestra calma

y nuestro anhelo no sientes;

rojo, al cual alegrarían,

de haberlos nuestros reveses

y que el sábado escuchaste

con rabia nuestros cohetes.

Rojo, Bilbao ha caído

y Santander se estremece.

Aún el júbilo me embarga

lo mismo que a ti la fiebre.

Bebe conmigo, rojillo.

Bebe, bebe.

Bebe, rojo, y traga quina;

deja que la radio suene

noticiando los avances

de nuestras invictas huestes.

Oye el himno de Falange

que es para ti miserere.

No apagues el aparato.

Si sus sonidos te hieren,

disimula la congoja

fingiendo que estás alegre.

Alza la vista. Los hombres

deben mirarse de frente.

No me desaires, rojillo.

Bebe, bebe.

Rojo de la retaguardia

que entre nosotros te mueves;

el que ostenta la divisa

de una España que no siente;

que finge quererla mucho

y entre las sombras la hiere:

ya sé que este vino, rojo,

vino que me sabe a mieles,

es para tí como acíbar;

que al gustarla palideces.

No importa. Trágalo, trágalo;

púrgate que te conviene.

Aún tienes que sufrir mucho.

Bebe, bebe.

jueves, 27 de agosto de 2009

Resistentes (I)



Hai uns días o amigo Carlos Solla, no seu interesantísimo blog O embigo do becho, contábanos en "UHP, conto calado" a reacción duns veciños de Cerdedo fronte a uns requetés; a lectura do mesmo doume a idea de dar a coñecer, de cando en vez, actitudes, feitos, etc. que, nos anos do medo, significaron, en maior ou menor grao, posturas de oposición ao réxime franquista.
Lendo o nº 24 (1943) do Boletín de Educación da inspección de 1º ensino de Pontevedra, atopei un artigo do oficial instrutor xefe, Fernando Ávila Gallego, que fala do encadramento no Frente de Juventudes do alumnado das escolas primarias. Non en forma de tumulto, como no caso relatado por Carlos, pero si dun xeito de resistencia pasiva, translúcese a oposición de moitos pais e mestres á obrigatoriedade de que todo o alumnado matriculado nas escolas primarias se afiliase á organización xuvenil falanxista.
Como recorda o camarada Ávila, a lei fundacional do Frente de Juventudes (BOE 7/12/1940), no seu artigo 10, establecía taxativamente: Todos los alumnos de los Centros de Primera y Segunda Enseñanza, Oficial y privada, forman parte del Frente de Juventudes.
A continuación transcribo algúns parágrafos do citado escrito; coido que sobran os comentarios:
La mayor parte de los Maestros han cumplido ya, o están cumpliendo, lo ordenado por la Ley fundacional del Frente de Juventudes; pero hay algunos que aún no han empezado esta labor y quiero hoy significarles la necesidad de cumplirla en toda su extensión. No caben disculpas: todo alumno que reciba enseñanza primaria queda obligado a suscribir el boletín de encuadramiento en el Frente de Juventudes; la oposición del padre no debe ser obstáculo para el Maestro, como tampoco debe serlo la disculpa que algunos ponen de: “que al encargarse de encuadrar a los alumnos y darles las enseñanzas propias del Frente de Juventudes, SE ENFRENTAN [maiúsculas no orixinal] con el pueblo, o con determinados elementos del mismo”.
El Maestro se encuentra ante una Orden, emanada de la más alta Magistratura de nuestro Estado y ha de cumplirla, pese a quien pese, no hemos de olvidar que nos encontramos en un período revolucionario y que “la revolución es tarea de una minoría inasequible al desaliento”. Es necesario hacer ver a esos padres reacios, que al oponerse al encuadramiento de sus hijos en el Frente de Juventudes, se declaran en rebeldía ante el cumplimiento de una ley dictada por nuestro Caudillo; que quien tal hace, es enemigo de Franco, y, por consiguiente, enemigo de España, postura que nosotros no podemos tolerar y que será sancionada debidamente por quienes corresponda. Esperamos que sean comprendidos nuestros propósitos, y evitada toda ocasión, siempre dolorosa, de proceder enérgicamente con quienes nos combatan.

O artigo remata cunha referencia ao horario das ensinanzas do Frente de Juventudes e que era, semanalmente, o seguinte: 2 horas para Educación Física, 2 horas a Educación Premilitar e 1 hora e media para Educación Política.

lunes, 17 de agosto de 2009

Albino Sánchez Leiro "O Perrita"

...vestido con zapatos negros, traje azul marino, camisa blanca y calcetines negros

Así é como se describe o vestiario do cadáver doutra das vítimas fusiladas no km 1 da Avda de Bos Aires (¿Cando deixaremos de utilizar o incorrecto Avda do Uruguai?), o día 17 de abril de 1937. Era un fontaneiro-follalateiro da zona do Burgo, xa na parroquia de Lérez (J.B. Andrade 102), chamado Albino Sánchez Leiro “O Perrita”.
Fora detido o 11 de setembro do 36, logo de andar fuxido polos arredores da capital. Ao longo deste mes de setembro, hai constancia de diversas declaracións súas que “ hace espontaneamente” e nas que relata feitos sucedidos no goberno civil nos momentos do golpe militar e relaciona unha serie de persoas que
han tomado parte activa en contra de la acción del Ejército español, como asimismo denuncia la propsición (sic) que en determinada ocasión se le hizo para que atentase contra la vida del comandante señor Vila.

En relación con esto último, conta que, despois do 16 de febreiro do 36, no Centro Obrero, Manuel Corbacho (Manuel González Corbacho), Antonio Fandiño e Amoedo (Manuel Amoedo Nogueira), informanlle de que tiñan planeado o asasinato do comandante Vila e lle ofertan cincocentas pesetas para que os acompañase; como se negara, foi ameazado para que non denunciase os feitos; tamén informa da composición do “Radio del Partido Comunista” sendo os membros do secretariado: Manuel Ruibal, Corbacho, Manuel Martínez e Manuel Villaverde.
O 17 de decembro, no xulgado militar, desdíse das anteriores declaracións e remata afirmando:
Hace constar que si declaró falsamente lo que queda rectificado fue porque le amedrentaron en la comisaría de esta Capital diciéndole que si no contestaba afirmativamente cuanto le fuera preguntado, Mirón [coñecido e temido compoñente da Garda Cívica] le daría una paliza.

As declaracións dalgún veciño afirmando que o vira con armas o 20 de xullo xunto ao cuartel de Asalto no Burgo, e os informes de conduta desfavorables, agravan a súa situación. Vexamos uns parágrafos do informe da Comisaría de Vigilancia:
individuo peligroso que intervenía de manera activa ejerciendo coacción violenta y amenazadora en cuantos conflictos y boycots planteaba en esta Capital el elemento obrero sindicado; está considerado como uno de los elementos de acción más decidida y peligrosa; prestó y puso su actividad contra el Movimiento nacional de julio último y el día 20 del citado mes fue de los que permanecieron en el gobierno civil donde se proveyó de armas...

Era de ideoloxía comunista. Procesado na causa 115/37, é acusado de rebelión militar. O xuízo celébrase o 17-2-37 sendo o seu defensor o alférez de artillería Feliciano Gómez. A súa liña de defensa foi manifestar a falla de formación do seu defendido o que o facía influenciable.
...estos desgraciados Sánchez y Fariña, sin instrucción, lanzados por unas doctrinas que no comprendían y que les inculcaron unos cuantos dirigentes, casi siempre por su inconsciencia, irresponsables, estos procesados son los verdaderos tipos del delincuente de ocasión, merecedores de una mayor benevolencia al ser juzgados [...] Albino Sánchez es un desgraciado analfabeto esclavo de su propia ignorancia [...] ¡ Piedad para esas mujeres y esas madres que esperan el fallo del Tribunal con la esperanza puesta en esa benevolencia!.

Logo da condena a morte, o defensor pide o indulto afirmando que
...deja en la mayor de las miserias a una madre anciana que cuenta con otro hijo incorporado a nuestro glorioso Movimiento y que pelea en las filas de la Legión.

Xunto con varios compañeiros é fusilado ás sete da mañá do 17-4-37, logo de casar, antes de entrar en capela no cuartel dos cívicos, con Carmen Casalderrey Dios, coa que tiña 2 fillos. Recibe tres feridas por arma de fogo no tórax, figurando na partida 82 do Rexistro Civil como causa da morte colapso cardiaco. Recibe sepultura en San Amaro e, a día de hoxe, repousa no cemiterio de Lérez.

sábado, 8 de agosto de 2009

Documentos para a historia de Poio (1936-1939)


Fai algúns meses, neste blog, facía votos para a pronta publicación do libro que o compañeiro Andrés Dacosta estaba preparando, sobre a historia de Poio nos anos inmediatamente posteriores ao golpe militar franquista.
Días atrás asistimos a un acto, no Casal de Ferreirós, no que se presentou dito libro, co título de : Documentos para a Historia de Poio (1936-1942), editado por Alén Miño Edicións.
As persoas que traballamos na investigación deste período, sabemos das dificultades de todo tipo que se nos presentan e do perigo de incorrer en erros, por desgracia presentes nalgunhas publicacións, como a frivolidade interpretativa, o seguidismo acrítico- cando non copia descarada- doutros autores, as posturas maniqueas e partidistas, etc.
Lonxe do anterior, Andrés Dacosta opta polo rigor metodolóxico e a utilización axeitada das fontes. Preséntanos un corpus documental sobre Poio e as súas xentes neste período de sete anos, no que a presencia do autor só se nos fai visible para contextualizar ou precisar cada un dos documentos. Non é, polo tanto, un relato divulgativo da época – animo ao autor a facelo – senón un conxunto documental que servirá para suscitar variadas liñas de investigación: a mecánica da represión, a moralidade, os informes de conduta, a Guardia Cívica, o papel da muller...
Para os que compartimos liñas de traballo con Andrés, foi un día de ledicia a publicación deste libro que ven a cubrir unha lagoa na investigación nesta comarca.

miércoles, 22 de julio de 2009

Incautacións de bens: Juventud Lerezana.


Unha das facetas da represión económica levada a cabo logo do golpe militar, comprende a incautación dos edificios pertencentes a entidades consideradas como desafectas polo novo réxime. O 13 de setembro de 1936, o xeneral Cabanellas, presidente da Junta de Defensa Nacional, asina un decreto que no seu preámbulo dicía:

... ha culminado el antipatriotismo en la formación de entidades que, bajo apariencia política, envenenaron al pueblo con el ofrecimiento de supuestas reivindicaciones sociales, espejuelo para que las masas obreras siguieran a sus dirigentes, quienes las aprovecharon para medrar a su costa, lanzarlas a la perpetración de toda clase de desmanes y cristalizar al fin en la formación del funesto llamado Frente Popular...
No artigo 1º declara a ilegalidade das organizacións integrantes da F.P. ou que tomaran parte na oposición ó golpe e, no 2º, decreta a incautación dos bens mobles, inmobles, efectos e documentos dos mesmos, pasando a ser propiedade do Estado.

Na comarca de Pontevedra, as entidades con bens propios son, fundamentalmente, as de carácter agrario e no expediente de responsabilidades políticas procedentes de entidades marxistas, figuran as seguintes: Caja Rural de Lérez, Sociedades de Agricultores de Bora, Lérez, Salcedo e Mourente, Sociedades de Agricultores e Obreros de Marcón e Tomeza e Juventud Lerezana.

Esta última é a única que non ten carácter agrario pois é unha sociedade recreativo-cultural, fundada o 2 de maio de 1929 e que no seu regulamento (art. 16) afírmase:

Siendo una de las principales misiones de esta colectividad difundir la cultura, el local social permanecerá abierto todas las noches para que los socios puedan dedicarse a la lectura de libros, revistas...

Non vai ser ata o 23 de xullo de 1933 que inauguren un local propio, construído a través dun exemplar mecanismo de contribución económica, traballo persoal e achega de materiais. O importe foi de 10447,50 pta.

Logo do golpe, os sublevados apodéranse do local e varios dirixentes lerezáns sofren nas súas persoas a represión.

Un informe do alcalde pontevedrés, Ernesto Baltar Santaló, datado o 27-9-37 (II Año Triunfal) fai unha serie de consideracións sobre as sociedades de agricultores acusándoas de extremistas e de obrigar ós seus membros a votar á Fronte Popular

...obligaban a seguir un ideario marxista, cooperando algunas de elllas, por no decir todas, al Socorro Rojo [...] Con respecto a la Sociedad Recreativa Lerezana, o “Juventud Lerezana” con cuya denominación es conocida, puede concretarse que tenía un carácter de sociedad recreativa, pero de las juventudes marxistas, concurriendo estas al local social, y siendo sus elementos dirigentes miembros de los partidos comunista y socialista.

A Comisión de incautación de bens, logo de expediente instruído polo xuíz de 1ª instancia, acorda o 7 de xullo de 1938, elevar o mesmo á comisión central de bens incautados con sé en Burgos. O expediente remata co acordo desta comisión (14-12-38), baseado no decreto-lei de 13-9-36, pasando o local a depender das organizacións do “Movimiento Nacional”.

Xa no ano 1944, a Comisión Interministerial Calificadora de Bienes Marxistas, en sesión de 20-9-44, acorda que a propiedade sexa da Delegación Nacional de Sindicatos de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, inscribíndoa no rexistro o 4-10.1945.

No ano 1973, o local é adquirido pola Hermandad Sindical de Labradores. Por parte sindical asina Gervasio Martínez-Villaseñor e virtude de poder conferido polo secretario da Organización Sindical (sindicatos franquistas) Rodolfo Martín Villa e pola outra parte, Antonio Puig Gaite, Prohombre da Hermandad Sindical Provincial de Labradores y Ganaderos de Pontevedra, por certo entidade inexistente a estas alturas pois as Hermandades Provinciais foran integradas nas Cámaras Oficiales Sindicales Agrarias no 1947. O prezo pagado foi de 69200 pesetas.


Nota: Na actualidade, o local volveu ás mans dos veciños logo dun complexo proceso.

viernes, 3 de julio de 2009

Por Dios, por la Patria y el Rey



A Comunión Tradicionalista tivo unha certa presencia na Pontevedra dos anos trinta. Nos habituais transvases de militancia dentro da dereita pontevedresa, recibira aportacións procedentes da URD ( por exemplo a de José Torres Salgueiro, de Salcedo que funda o Círculo Tradicionalista) e mesmo nunha data tan avanzada como xaneiro de 1937, a Junta da Sección Femenina deste partido, acorda constituírse como asociación de Margaritas, facendo diversas achegas destinadas aos requetés da fronte.

As “margaritas” pontevedresas estaban presididas pola señorita Rosa Fernández Conde e integrada por damas de familias moi coñecidas da dereita local, en grande parte mulleres ou familiares dos dirixentes masculinos do carlismo. Así atopamos a Asunción Giráldez de Losada (Vicepresidenta), Luisa Vázquez de Silva (secretaria), Lucía Patiño de Novoa, Concepción Herreros Corrales, Mª Eugenia Muíños de Nores e outras con apelidos tan coñecidos como Mucientes, Lino, Puig, Arines, Losada, Hevia, etc que afirman traballar “con todo entusiasmo porque las Santas Tradiciones españolas vuelvan a imperar en España” (Diario de Pontevedra 23-1-37).

A recollida de donativos canalízase a través da organización Socorro Blanco Tradicionalista e, a modo de exemplo, no listado correspondente ao 19 de agosto do 36, aparecen cousas como: ¡Viva el requeté!, 10 pta; ¡Vivan los valientes!, 15; un requeté que da todo lo que tiene, 2,50...

A campaña de recollida de donativos acada o seu culmen coa expedición destinada aos Requetés Gallegos del Apóstol Santiago que combatían no Guadarrama e que, en agosto do 36, reciben os mesmos levados por unha expedición pontevedresa. A repercusión da mesma foi grande e estivo formada por dous vagóns, catro camións e tres turismos. Na súa saída ( 11 de agosto) foi despedida polo xeneral José Iglesias, aínda comandante militar da praza, e ía mandada polo alférez de complemento de artillería Enrique Munáiz.

Os 28 membros que a formaban eran maioritariamente requetés da capital e un dos turismos era o moderno Ford do contratista Santiago Vázquez Fernández ( irmán de Raimundo, Gilberto e Jorge, todos comprometidos cos sublevados).

No Diario de Pontevedra do 19-8-36 e asinada por L.C.M., figura a “Crónica de un requeté” na que nos conta as peripecias da expedición.

Na mesma figuran tres curas: Marcelino Torres Villar, Camilo Fontenla e Liborio Coco Morante. Os tres “van con el reverente deseo de ser incorporados a las filas de combate en el frente de Guadarrama”. A compoñente clerical e o papel dos curas no carlismo son ben coñecidos, M. García Venero (Historia de la unificación. Dist. Madrileñas. Madrid. 1972) escribe:

“El requeté, en cambio, era adoctrinado, en cierta medida por los capellanes que acompañaban a sus unidades.”

Pero deteñámonos na personalidade destes curas carlistas: Liborio Coco procedía de Cambados; Camilo Fontenla era coadxutor de S. Bartolomé e, segundo os xornais da época, ten un comportamento destacado na fronte, tanto de sacerdote como de soldado:

“D. Camilo es algo extraordinario en el frente [...] él es el ánimo y aliento del soldado en el solemne momento del combate [...] no atiende tan solo a los soldados que luchan por España, sino que corre con presteza en auxilio de los rojos que caen en la pelea, consiguiendo con su arrebatadora simpatía, reconciliar a algunos de estos.”
Fora voluntario á fronte “ formando con orgullo y honor en el puesto de vanguardia y de donde retornará cubierto de laurel y gloria”. ( El Progreso, 25-10-36).

Marcelino Torres Villar, orixinario da zona de Caldas, coñecido por Miss Clero polo seu físico, era consiliario do Requeté pontevedrés e vicario das monxas clarisas do convento de Santa Clara. Do seu fervor patriótico pode ilustrarnos o que escribe Evaristo Mosquera (Cuatro años a bordo de una isla. Ed. do Castro. Sada, 1984):

“ se ofreció [Torres] al Jefe del destacamento con estas o parecidas palabras: - Tengo un arma y puedo venir en cualquier momento que me llamen. No me importa dejar seco a cualquier rojo que aparezca.”

Outro cura na mesma onda carlista foi o rexente de Salcedo, Jesús García Gómez, que en outubro de 1936 pide autorización para marchar cos requetés á fronte de combate.

Non deixa de ser curiosa outra iniciativa dos tradicionalistas cando, nos primeiros meses do golpe, coidábase inminente a toma de Madrid e tendo en conta que

el estado de destrucción y miseria de un modo especial en el aspecto espiritual, en que ha de encontrarse Madrid, no es para sorprender a nadie conociendo a la furia masónica que allí ha imperado...(Diario de Pontevedra, 1-10-36)
propoñen a formación de equipos de varios sacerdotes preparados para atender as necesidades espirituais dos madrileños. Irían provistos dun altar portátil con todos os utensilios anexos, incluso “ Sagradas Formas con que alimentar a tantas almas ansiosas de recibir el Pan de los Ángeles”. Galicia tería asignado un altar presidido polo Apóstolo Santiago na glorieta de Cuatro Caminos; a xunta formada a tal efecto en Pontevedra estaba presidida polo comisario de guerra Álvaro Losada, xunto con Leopoldina García Solís, Rosa F. Conde, Rafael e Manuel Sáenz, Antero Marescot entre outros.

No momento do golpe, os carlistas tiñan o local na rúa de García Camba 3 e prestaban garda na emisora de radio local, o incremento de afiliados fixo insuficiente este local e trasladáronse a un edificio dos maristas en Campolongo. Para ingresar nas súas filas era necesario, en todo caso, “informes de sanas costumbres”. O instrutor militar era o capitán Martínez. A composición da Junta Carlista de Guerra en setembro do 36 era a seguinte: Comisario de guerra: Álvaro Losada Fernández; secretario xeral: César López Canabal e os delegados: de requetés, Emilio Lledós (capitán da G. Civil); de intendencia, Octavio Gómez Cervela; de sanidade, Enrique Marescot Iglesias; relixioso, Manuel Vázquez Millares; de propaganda e prensa, Manuel Artime Prieto; de facenda, Carlos Reguera; de ensino, Luis Pintos Fonseca; de investigación, Antonio Iglesias Garcés e inspector de requetés o capitán de infantería Alfonso Martínez. Tamén contaban cunha agrupación escolar tradicionalista da que foi presidente Hipólito Codesido. César López Canabal, personaxe moi coñecido entre os agricultores da posguerra, pronuncia unha charla radiofónica na emisora local (26-1-37) co título: Una Fe, una Patria, un Imperio. O seu irmán Jesús, tamén requeté, morre na fronte en setembro do 38. Na posguerra, Canabal ocuparía o cargo de secretario da Cámara Oficial Agraria (COSA). Tamén era carlista o tristemente célebre funcionario de prisións Fernando Lago Búa, director do penal de San Simón.

domingo, 7 de junio de 2009

¡ Publicidades ! (2)



Era o 31 de agosto de 1936, os xornais publicaban os listados coas entregas de ouro e xoias e outros donativos para o "glorioso movimiento nacional", tamén a relación de mestres suspendidos de emprego e soldo, os actos patrióticos de asistencia multitudinaria... Nas beirarrúas seguían aparecendo os cadáveres.
A situación requería novos artigos e os anuncios do Diario de Pontevedra pregoaban a oferta.

lunes, 25 de mayo de 2009

O home da foto: Luis de Sá


A Mª Luisa de Sáa, filla de Luis, continuadora nas súas ideas e custodia da súa memoria. ¡Ánimo!


O primeiro de maio de 1936 tivo lugar na praza de touros de Pontevedra un multitudinario mitin. O fotógrafo pontevedrés Pintos, deixounos unha foto na que un home co uniforme das milicias, garabata, camisa arremangada ata os cóbados e man esquerda no peto, se dirixe á multitude. O home da foto é Luis de Sá Bravo ( na documentación consultada utilízase Sa, Sá ou Sáa), pontevedrés, nacido o 29 de decembro de 1909, mestre do pósito de pescadores da illa de Arousa, socialista e dirixente das xuventudes unificadas.

O xornal El País (2-5-36) ofrécenos a crónica do acto:

A continuación hace uso de la palabra el representante de las Juventudes unificadas, Luis de Sáa, que explicó el alto significado de la unificación juvenil proletaria haciendo un llamamiento a las juventudes campesinas para que se unan al movimiento juvenil.

Luis de Sá participara noutros mitins na campaña electoral de febreiro, como, por exemplo, os celebrados o domingo 3 de febreiro nos locais das sociedades agrarias de S. Xurxo de Sacos, Carballedo e Almofrei, en compañía de Alejandro Gama, Benito Méndez, Núñez Búa, Emilio Lois, Germán Pichel, Antonio Blanco e outros.

Nos días que preceden ao golpe militar participa, xunto con outros correlixionarios, na organización da defensa da república. Tras o éxito do golpe escóndese ata o mes de xuño de 1939 no que se presenta ás autoridades.

Como peza separada das causas 115 e 720 de 1937, instrúese causa contra Luis de Sá, Emilio Villar e Pastor Torres Paz, os dous últimos en rebeldía por estar en ignorado paradeiro. Actúa como Xuíz Instrutor o tenente de artillería Pedro Pereira Vilariño.

As declaracións de varios gardas de seguridade coinciden en sinalalo como un dos directores dos grupos que se formaron no goberno civil e o consabido informe da G. Civil, cualifícao coa reiterada frase: De mala conducta y antecedentes, comunista y propagandista de este ideal.

A testemuña C. Lois acúsao de ser elemento destacado das Juventudes Socialistas Unificadas e de estar no grupo que fixo explotar un petardo ao paso da procesión o día de Venres Santo e cantar a Internacional, cando aquela pasaba diante do local socialista en Santa María. Tamén afirma que, formando parte o declarante do servizo de orde pública ( garda cívica) ás ordes da G. Civil nos primeiros días do alzamento, andaron á súa busca sen atopalo.

A alcaldía de Pontevedra emite un informe onde o tacha de esquerdista, membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza (ATE), presidente das Juventudes Marxistas Unificadas e xefe das Milicias Marxistas, apoderado nas eleccións de febreiro do 36 e

individuo exaltado y de peligrosidad por su propensión a la acción que en todo momento desplegó a favor de su ideario. En los sucesos revolucionarios de Julio de 1936 intervino en la requisa de armas efectuadas en esta capital, asistiendo igualmente a la organización de la defensa del Gobierno Civil, contra el Glorioso Ejército Nacional, como uno de los más destacados.

O informe da comisaría sobre a súa participación no mitin do 1º de maio, recolle os puntos importantes da intervención:

se congratula de la perfección del desfile que acaban de realizar las milicias y masas obreras por las calles de Pontevedra [...] Alienta a todos a seguir firmes en el ideal y la disciplina haciendo votos porque el primero de Mayo del año venidero, se pueda celebrar ya en pleno régimen auténtico de trabajadores [...] Y haciendo una invocación a la reunión de los trabajadores en un solo grupo y combatiendo al fascio, termina su discurso.

Na declaración ante o xuíz (o consabido relato exculpatorio pois había que salvar a vida), expresa como motivo da súa fuga o medo a ser “paseado”, xa que varios suxeitos se presentaran, o 22 de xullo do 36, nunhas casas que seu pai tiña no Camiño Novo, con esa intención; unha conversación posterior con Mirón (elemento significado nas tarefas represoras), reafírmao nas sospeitas.. Afirma que estivo oculto na casa do seu irmán Joaquín, nun oco practicado baixo unha ventá, non podendo enterarse das requisitorias que se lle fixeron. Tamén nega que estivera no Goberno Civil e que requisara armas na de Santos Villaverde. En canto á súa participación no referido mitin, afirma tomar parte nel por compromiso con xente da illa de Arousa, recoñece que dixo unhas cantas vulgaridades e

Hoy reconoce el dicente la equivocación de los puntos de vista sustentados y se siente arrepentido del mal que halla (sic) podido causar a España con su intervención en aquel acto, pues habiendo obrado de buena fe, no vuscaba (sic) sino el engrandecimiento de la Patria (AIMN Ferrol)

As testemuñas propostas por Luis de Sá corroboran, en xeral, a súa boa conduta, sorprendendo que unha delas, o padre franciscano Luis Fernández, veciño e coñecido da familia, afirmase non coñecer ao encartado e, polo tanto, ignorar a súa actuación, tanto como mestre como na súa vida pública e privada.

A causa celébrase o 26 de febreiro de 1940 sendo condenado a 12 anos e un día por un delito de auxilio á rebelión, pedindo o tribunal a conmutación por dous anos de prisión menor.

Luis de Sá aparecera na relación de mestres suspensos no cargo (BOP 1-9-36) e fora separado do servizo con baixa no escalafón. (BOE 11-5-40). Posteriormente reingresou no corpo.


A foto da ilustración foi elaborada a partires da que aparece en Museo de Pontevedra (editor) (1985): Pintos: unha vida na fotografía. 1881-1967 [Exposición coordinada por X. Henrique Acuña] Pontevedra: Museo de Pontevedra.

viernes, 17 de abril de 2009

Constantino Gómez Rodríguez, mestre .

Sobre o papel xogado polos mestres na II República e tamén sobre a represión que un elevado número dos mesmos sufriron logo do golpe militar, trataron en diversas publicacións os compañeiros Anxo Porto, Antón Costa e Xosé Manuel Cid, entre outros. En Pontevedra capital, foron varios os que pagaron coa súa vida o seu compromiso coas ideas de progreso e liberdade: Manuel Iglesias, Xermán Adrio, Benigno Rey, José Meis, Paulo Novás, Eduardo Muíños, José Cortés... e tamén Constantino Gómez, do que falarei hoxe, cando se cumpren 72 anos do seu pasamento.

Constantino nacera en Pontevedra no ano 1911, mestre nacional con destino en Setecoros (Valga) e veciño de Pontevedra.

O seu procesamento na causa 115/37 está directamente ligado á actividade do suposto grupo, cualificado polos sublevados como “Tcheka” do goberno civil de Pontevedra e polo intento de asasinato do gobernador Gonzalo Acosta.

Sobre estes feitos, o xulgado de instrución abre a causa 245/36, que se aporta á causa militar. Na mesma, consta que fora presentado na comisaría polo axente Cienfuegos, manifestando que, segundo testemuños que

de momento no están determinados y concretos, andubo (sic), antes de la declaración del estado de guerra, haciendo registros domiciliarios y recogiendo armas en unión de algunos otros, intentó asesinar al gobernador y encañonó así mismo a los Guardias y Agentes que allí se encontraban (AIMN. Ferrol)

Este é o núcleo da acusación que, en diversas declaracións, será completada con outros matices: compoñente dun grupo de “destacados Jefes sindicales y de las milicias rojas” do que era xefe Jacobo Zbarsky ou, como aporta o informe da comisaría (13-1-37):

Individuo afiliado a la Juventud Socialista y de los sistemáticos provocadores contra las personas de ideología derechista o que eran conocidas por sus creencias religiosas; fanático marxista que se distinguió por su actuación en los sucesos de julio último manifestándose activamente y con armas en el Gobierno Civil [...] Individuo de extremismo peligroso; maestro afiliado a Trabajadores de la enseñanza, de significación marxista.

As probas testificais coinciden na existencia dun grupo de persoas armadas no goberno civil e no malestar que produciu a decisión, tomada polo gobernador, de resignar o mando nos militares; tamén parece fora de toda dúbida o feito das ameazas e mesmo algún disparo contra Acosta. A declaración de Amancio Caamaño, presente no lugar ao lado de Acosta, e do mesmo gobernador que afirma o insultaron gravemente chamándolle traidor e que oíu dous disparos, coincide en liñas xerais coas das testemuñas da acusación. No que disenten é en atribuír a autoría ao acusado ou ao seu compañeiro Gonzalo Guillán.

Na causa actúa como defensor o tenente de artillería Jaime Aranda Totsans. O fiscal acusa a Gómez de formar parte da “Tcheka” do goberno civil cualificando o feito como un delito de rebelión militar.

Constantino Gómez manifesta ante o presidente do tribunal, que ten dous irmáns na fronte loitando a favor do exército, un deles foi ferido, e que son o orgullo da súa anciana nai para a cal pide clemencia ao consello xa que a súa condena a afectará directamente.

O resultando da sentencia referido a este acusado conclúe:

Que Constantino Gómez Rodríguez, Maestro Nacional, de filiación socialista y propagandista de estas ideas se le ve en el Gobierno Civil en los primeros días del Movimiento Militar repartiendo armas, lanzándose a la calle al frente de grupos de paisanos armados, quienes practican por la violencia registros en varios domicilios y al enterarse de que el ex-gobernador civil de esta provincia trataba de rendir el mando, amenaza a aquella Autoridad intentando asesinarlo.

O 17 de abril do 37 foi fusilado en Monte Porreiro, recibindo tres feridas de arma de fuego en la región precordial determinante de hemorragia interna.

Na práctica totalidade das publicacións que recollen a súa morte aparece, inexplicablemente, como “paseado” cando, en realidade, foi executado por sentencia de consello de guerra xunto a varios compañeiros. Foi enterrado no cemiterio de San Amaro, fosa nº 29, zona 2ª e fila 1ª.

jueves, 9 de abril de 2009

Menú falanxista


A guerra psicolóxica entre os sublevados e os republicanos está presente en diversos aspectos. No bando sublevado, o servizo de Prensa e Propaganda de FET y de las JONS ten unha alta actividade, facilitando aos medios de comunicación materiais como o que ilustra este artigo. O xornal El Pueblo Gallego (22-12-37) amósanos unha tarxeta postal na que está impreso o menú que a 2ª Bandeira de FET de Pontevedra, destacada na fronte de combate, elaborou para celebrar a festividade da Inmaculada Concepción. Sen entrar a dilucidar a existencia real de tan elaborado menú, non cabe dubidar do seu efecto propagandístico, tanto de cara ao propio bando como no bando republicano, este último nunhas peores condicións en canto ao abastecemento de víveres. No texto que acompaña á mesma non fallan referencias:
...y desde luego pensamos en los rojillos de la acera de enfrente a los que seguramente el buen humor de nuestros falangistas no habrán dejado de hacer llegar alguna invitación...Ellos entretenidos con la lírica rimbombante de los discursos huecos de sus “responsables” y con los “avances radiados” de sus mesnadas, sin ilusiones ni moral, pero con muchas y prosaicas ganas de comer, habrán sentido sin duda la tragedia del niño ante el escaparate repleto de una confitería, al par que el tufillo de la buena cocina, mientras nuestros camisas azules, recordaban con esta suculencia el día grande de la Purísima...

* Para aumentar a imaxe, clicar na mesma.

sábado, 28 de marzo de 2009

Víctor Moldes Carro ( e II )

O atestado é instruído polo alférez da G. Civil Francisco Muñoz, prestando declaración, entre outros, Víctor Lis que manifesta:

Que el Víctor Moldes es dirigente de la Comarcal Obrera Agraria de Pontevedra, elemento peligroso, que ejerció una verdadera dictadura sobre los obreros, imponiendo multas, declarando Boicot y privando del trabajo a aquellos obreros y labradores que no se sometían gustosos a sus imposiciones; que dicha comarcal está intimamente ligada a la federación y secundaba todas las huelgas y demás conflictos de orden público que se producían, sin motivo ni fundamento alguno, obedeciendo solo a su capricho.
Non menos duras foron as declaracións do axente Cienfuegos e de membros da Guardia Cívica, sobre todo dun veciño de Lérez, ao parecer enemigo persoal de Moldes.

Asi mesmo, no informe de antecedentes, actividades e ideoloxía, consta que

...y el Moldes asistía asiduamente a las reuniones íntimas de dirigentes del centro obrero en las que se trataban asuntos de especial confianza. Con motivo del Movimiento Nacional del 20 de julio último, Víctor Moldes transmitió órdenes a las aldeas para que se apoyase el movimiento obrero y estuvo en la tarde del día 20 en el gobierno civil y posteriormente en el Ayuntamiento hasta su evacuación por los rojos. Fué detenido en octubre del 34.

Víctor Moldes declárase inocente e cita a varias testemuñas que poden corroborar o que afirma.

En oficio dirixido ao comandante militar polo Subdelegado de Orden Público, datado no 22-9-36, ponse a disposición do mesmo ao acusado, que estaba ingresado na prisión provisional da Escola Normal e que está considerado como uno de los principales dirigentes del movimiento contra el Ejército en el mes de julio último.

Nun informe da G. Civil (4-1-37) aparece como De mala conducta y antecedentes, comunista y propagandista del frente popular.

O 19-12-36, Moldes declara ante o xuíz militar ratificándose na anterior declaración ante a G. Civil. Recoñece que os elementos obreiros tentaban que as sociedades agrarias fixeran política de esquerdas pero sen conseguilo. Afirma que foi apoderado de candidaturas de dereitas o que amosa as súas ideas de orde.

Na indagatoria celebrada o 15-1-37, fanse constar as sinais persoais do acusado: cabelo castaño, ollos azuis, un metro sesenta e cinco de estatura, nariz longo,boca regular, cara redonda, cellas redondas e viste traxe gris. Ratifícase na súa inocencia e na non participación nos sucesos de xullo. Relata a súa presencia no comercio na mañá do día 20 de xullo e que, ás cinco e media da tarde, marcha para á súa casa de Lérez, coincidindo no camiño con outros veciños, permanecendo no seu domicilio na compaña dos seus fillos Manolo e Víctor.

O consello de Guerra contra Víctor Moldes e compañeiros celébrase os días 16 e 17 de febreiro de 1937, estando o tribunal presidido polo tte coronel Francisco Lorente Armesto e actuando de fiscal o alférez habilitado do corpo xurídico militar D. Manuel María Puga y Ramón. O seu defensor é o tenente de artillería D. Julio Conde González.

A acusación do fiscal é de delito de rebelión en concepto de autor, concorrendo a agravante de perversidade. Apoia esta acusación nas declaracións e documentos antes reseñados. O defensor basea a defensa en diversas testemuñas favorables ao acusado, entre outras a de Víctor Cervera Mercadillo e varias persoas nada dubidosas de oposición á nova situación e tenta desmontar as acusacións dos axentes de vixilancia e outros. Afirma:

y no se diga en contra que los campesinos concurrieron armados a esta capital, influenciados por Moldes, harto lo estaban ellos por personas de intelectualidad y cultura superiores a las de un modesto comerciante de ultramarinos y pobre agricultor. Por si no bastara lo anterior; tenemos también la de que este encartado desempeñaba el cargo de Presidente del Gremio de Comerciantes de Ultramarinos de esta capital, entidad en un todo de tendencia derechista y de orden, pues tal carácter tiene, según es de dominio público, la mayoría de sus componentes, que fueron los que eligieron a Víctor Moldes para que los presidiera.

Preguntado polo presidente do tribunal se tiña algo que expoñer, V. Moldes di que non era máis que un pequeno industrial alleo a toda intervención política, sen que nunca tivera armas nin executado feito delituoso algún e que non tiña máis que dicir.

A sentencia condena a Moldes, Claudio Magdalena, Albino Sánchez e Constantino Gómez á pena de morte. No resultando referente a Moldes afirma:

Resultando que Víctor Moldes Carro, de mala conducta, propagandista del comunismo y presidente de la federación agraria comarcal en esta provincia, con gran ascendencia sobre los obreros del campo, al enterarse del Movimiento Militar se persona en el Ayuntamiento y Gobierno Civil de esta capital y después de cambiar impresiones con elementos destacados marxistas, se pone en comunicación con los obreros del campo afiliados a la sociedad de la que era presidente y consigue concentrar a masas de obreros, los que patrullan por esta ciudad algunos de ellos con armas, y dispuestos a enfrentarse con las fuerzas del Ejército.

O 18 de febreiro Víctor Moldes escribe unha carta de súplica na que suponiendo ha sido condenado a la última pena, fai un repaso da súa vida política e asociativa. Nega que se promovera ningunha folga polas sociedades agrarias e afirma que traballaban solo por e para o campo. En canto aos cargos do xuízo, un era fillo do apaixonamento dun inimigo persoal e os outros estaban equivocados, pide tamén que, se se dubida da súa conduta, se pregunte ao gremio de ultramarinos porque se decide a vida dun pai de familia honrado e bo. Pide clemencia e remata:

Hago nueva súplica a fin de V.S.I. se digne conmutarme la pena por la que crea soy merecedor, teniendo en cuenta que la de muerte es irreparable y que Dios nuestro señor ha sabido perdonar.

A conmutación chega para dous dos condenados, Manuel Buján Rivas e José Acuña Lamas, pero non para Víctor Moldes, Magdalena, Albino Sánchez e Constantino Gómez.

A execución é sinalada para as sete da mañá do 17 de abril, no km 1 da Avenida do Uruguay (Monte Porreiro). A capela instálase nos baixos do cuartelillo da Guardia Cívica e ás catro da mañá léselle a sentencia e fáiselle saber aos reos que podían pedir os auxilios que necesitaran ao que contestan que nada teñen que pedir. Ás sete son conducidos ao lugar da execución:

Colocados los reos en dicho campo, frente al piquete, a las órdenes del Teniente de Asalto Don José Rodríguez Vicente fue dada por este la orden de fuego, recibiendo los condenados los siguientes balazos [...] VÍCTOR MOLDES CARRO, cuatro heridas de armas de fuego en la región precordial, determinantes de hemorragia interna; según manifestó el médico Don Tomás Abeigón Pazos que reconoció los cuerpos de los ejecutados y certificó su defunción, desfilando acto seguido las fuerzas por delante de los cadáveres.

Os corpos dos fusilados son conducidos ao depósito e logo son inhumados no cemiterio de San Amaro da seguinte forma:

...el de VÍCTOR MOLDES CARRO, recibió sepultura en la número 37, zona segunda, fila primera, yendo vestido con zapatos negros, traje castaño a rayas, calcetines castaños y camisa blanca a rayas.

Á dor da súa morte, os familiares teñen que engadir a incautación dos seus bens, o 9 de setembro de 1937, o xuíz de 1ª instancia, D. Serapio del Casero saca a poxa pública os efectos e xéneros embargados sendo os bens mobles taxados en dúas mil duascentas noventa pesetas e trinta céntimos, anunciando o remate da mesma para o día 28 de dito mes. Dita cantidade corresponderíase cuns seis ou sete mil euros actuais.

E logo a volta a empezar e o silencio...

domingo, 22 de marzo de 2009

Víctor Moldes Carro ( I )

Vai camiño dun ano que publicabamos neste blogue unha entrada sobre os fusilamentos do 17 de abril do 37 en Monte Porreiro, hoxe, froito de novas investigacións, posuímos documentación que nos dá máis luz sobre os feitos e sobre as persoas condenadas na causa 115/37. Entre os condenados a morte, a figura de Víctor Moldes Carro ten un lugar destacado polo importante papel desempeñado como un dos líderes do agrarismo pontevedrés.

Para o autor deste blogue, aparte da inxustiza que significa o esquecemento de Moldes ( e, en xeral, de represaliados que non ocuparon postos políticos de carácter institucional relevantes) tamén ten unha compoñente afectiva pois, nas conversas familiares, tivo noticia da súa existencia e morte e das visitas compartidas á illa de San Simón.

Víctor Moldes Carro, fillo de Constante e de Juana, nacera na parroquia de Campañó no ano 1886 e estaba domiciliado en Casaldarado (Lérez), era propietario dunha tenda de ultramarinos na rúa das Cinco Calles, sendo tamén presidente da Federación comarcal Agraria e da patronal do gremio de ultramarinos.

O seu labor na defensa dos campesiños ven de moi atrás: no xornal Nueva Aurora (12-12-1920) aparece un artigo titulado “Lérez Redimido” no que se le:

Hará aproximadamente dos años cuando un grupo de animosos jóvenes, a la cabeza de los cuales se puso Víctor Moldes, tomaron posesión de la directiva de aquella sociedad. [agricultores de Lérez] Al encargarse de sus destinos se encontraron frente a frente, con un verdadero cadáver social. Los dos bandos políticos de la parroquia con sus luchas de baja estofa, la habían cogido en medio, apretándola, hasta matarla. Pero ellos, valiente y animosos, empezaron a reanimarla con el calor de la idea; le extirparon la mala yerba; le inocularon el virus de la emancipación, y gradualmente, desde noventa y tantos socios que había en ella, la elevaron a cerca de quinientos con los que cuenta hoy.

O cambio de rumbo na veterana sociedade lerezá foi notable, sen estar ausentes as expulsións de persoas ás que se cualificaban de caciques; no mesmo xornal (15-08-20), José Paz conta:

La Junta Directiva, observando que en el seno de la Sociedad había elementos podridos, inició el saneamiento logrando la expulsión de alguno de ellos y trabaja activamente en busca de los demás traidores de la causa agrícola... e remata cun chamamento: Trabajadores del campo, explotados agricultores, el continuar pagando foros en el siglo XX, es una cobardía.

Na constitución da Federación Agraria Comarcal aparece como vocal; sobre a ideoloxía que aparece detrás da mesma naqueles momentos, non está de máis o que dí o mesmo xornal (20-6-20).

Esta Federación tiene consignado, en sus estatutos, que marchará de acuerdo con la táctica y orientación del Partido Socialista Obrero español.

Víctor Moldes alcanza a presidencia da federación e durante o seu mandato ten lugar en Pontevedra un Congreso Agrario, os días 25 e 26 de maio de 1935. Os acordos deste congreso, combinan os de carácter político e social cos de temática especificamente agraria ou gandeira; así, piden a amnistía dos presos políticos e sociais, opóñense activamente á pena de morte e o estado de excepción , a liberación nacional e social de Galicia, levar a cabo unha campaña contra o fascio e a guerra e, xa no ámbito agrario, a anulación do tratado co Uruguai e Arxentina como prexudiciais para a gandería galega así como toda importación de carnes conxeladas, libre destilación e venda de augardente, libre introdución do millo, abolición total dos foros, creación de comités de campesinos en toda a provincia, defensa do ferrocarril, protexer a gandería levando a cabo unha loita intensa contra os intermediarios e o contrabando do gando, crear bodegóns na capital para a venda de viño do país, etc.

Remata o congreso cun chamamento ás organizacións disidentes para que se integren na Federación e a unificarse nas distintas parroquias sin represalias de ninguna especie e imposiciones de una u otra parte. Lembremos que, nos anos 32 e 33 e froito das tensións entre socialistas, comunistas e outros, houbera escisións en diversas sociedades de agricultores: Marcón, Alba, Cerponzóns, Tomeza, entre outras.

Moldes tamén participa na campaña electoral dando mitins do Frente Popular como o que ten lugar en Campañó o 8 de febreiro do 36, xunto con García Filgueira, Víctor Casas e Echeverría. Logo das eleccións de febreiro do 36, a actuación de Víctor Moldes foi posta en cuestión por algúns, mesmo pola sociedade de agricultores de Lérez, sendo acusado de tachar da lista da Fronte Popular os nomes de Alonso Ríos e de Viana para acoplar candidatos doutras listas, tamén se estende o rumor de que actuara como apoderado dos centristas. No xornal El País (19-3-36), aparece un solto asinado por X e titulado “Maniobras Sucias” con diversas acusacións contra Moldes. De todos os xeitos, nunha acta de Unión Agrícola de Lérez (31-3-36) proponse, por maioría de votos, a Víctor Moldes e José Cons para candidatos ás futuras, e nunca celebradas, eleccións municipais.

Tras o golpe militar do 20 de xullo, Víctor Moldes ao igual que numerosas persoas comprometidas coa república, anda fuxido polos arredores da capital. Segundo as súas declaracións, no monte Castelo estivo con Alejandro Gama, Claudio Magdalena, o mestre Guillán e outros. Foron axudados por varios veciños da zona do Castelo ( varias fontes orais apuntan tamén á protección do párroco Don Leandro que o acollería no mosteiro). Días despois foi fuxindo ata Padrón e volveu por Vilanoviña, onde estivo varios días, para regresar a Lérez onde foi detido polos homes de Lis o 15 de setembro do 36. (A data do atestado é esta, en contraposición coa dada polos xornais nos que figura o 16).

lunes, 2 de marzo de 2009

Un desaparecido: Jesús González "O Suma y sigue"

Na represión subseguinte ao golpe militar non solo debemos considerar a os mortos ou encarcerados senón que hai un grupo importante que son os desaparecidos. Algúns serían persoas asasinadas mediante os “paseos” e que os seus cadáveres non foron atopados ou identificados, outros foron fuxidos á zona republicana ou ao estranxeiro e que as voltas da vida lles impediron dar novas á súa familia ou ben refixeron a vida desbotando calquera tipo de contacto coa súa terra e, por último, temos a aquelas persoas que morreron no intento de fuxida ou por outras circunstancias.

Fai algún tempo, Dª Elisa González Álvarez, muller exemplar comprometida no movemento cidadán contra a droga, falounos do caso dun destes desaparecidos: o seu pai, Jesús González González, o “Suma y sigue”, desaparecido no mes de agosto de 1948.

Diversas pescudas non aportaron ningunha pista sobre as circunstancias da desaparición pero sí sobre a personalidade do mesmo.

Jesús era natural de Toén (Ourense), propietario da taberna “Suma y sigue” na rúa Riestra nº 34, en Pontevedra e que, logo do golpe, tivo outra en Joaquín Costa cerrada a miúdo pola policía. Tamén era propietario dun coche do punto.

Cando a sublevación militar, escapou a Ourense sendo detido e estando preso un tempo naquela provincia, posteriormente permanece na illa de S. Simón sendo posto en liberdade o 18 de maio de 1937. Nun informe da comisaría pontevedresa datado no 22-6-38 (AIMN de Ferrol), afírmase que non estivera inscrito en ningún partido da F. Popular pero que a súa ideoloxía era “completamente izquierdista”.

O mesmo día, 22 de xuño de 1938, publícase unha requisitoria a varias persoas e, entre outros, atópase Jesús González (a) “Suma y sigue” ou “ Sumata” como encartado nun delito de rebelión debendo comparecer no prazo de 48 horas no xulgado militar. Nun rexistro efectuado na casa de Ricardo Villamil, atopan un número de Mundo Obrero, propaganda comunista, munición, carnets da Guardia Cívica e “ una tarjeta de Jesús González González, automóviles de alquiler = Servicio Permanente = Teléfono 338. Riestra 34= Pontevedra”.

Xa nos días posteriores ao golpe, nunhas declaracións atribuídas a Alfonso Vega (fusilado o 7-12-36), maniféstase que Ricardo Villamil, Desiderio Gómez Comesaña, un tal Manolo, chófer de Cangas do Morrazo [ Manuel G. Corbacho, morto o 12-12-36 en Salcedo], xunto con Jesús González e nun coche propiedade deste último, esconderan, primeiro no bar Grove e logo nunha casucha en Campolongo a Antonio Fandiño, implicado no asasinato de Secundino Esperón. No mesmo coche sacárano da cidade e, cando volvían, foran tiroteados pola Guardia Civil recibindo o coche varios impactos que Jesús González leva a reparar a Vigo.

O día 25-6-38 comparece o “ Suma y sigue”e desmente os feitos que se lle imputan. Sofre diversas detencións e na súa casa dispón dunha imprenta na que se tira diversa documentación clandestina. A presión policial era cada vez máis abafante e foi encausado nun sumario pola xurisdición especial sobre actividades subversivas.

Segundo lembra a súa filla, o 14 de agosto de 1948 , na víspera da Peregrina [ data aproximada pois a Peregrina foi o 8 de agosto naquel ano], nun camión de chatarra propiedade dun construtor pontevedrés, foi trasladado a Cangas. O plan era unha fuxida por mar dende aquel porto xunto cunha trintena de persoas tamén perseguidas, utilizando un barco vello mercado para tal fin. As sospeitas son de que houbo “un soplo” e o barco foi afundido.

Os anos 1947 e 48 foron de moita presión policial sobre os opositores ao réxime coa desarticulación de numerosas células do partido comunista polo que entra dentro da lóxica a idea da fuxida. Porén non temos constancia da desaparición doutras persoas da zona nesas datas.

Un misterio engadido é a recepción pola familia, tempo despois, dunhas tarxetas das que tiña como taxista cun texto escrito á man e coa letra de Jesús dicindo: Yo bien, busca chófer.

Polo momento a incógnita continúa...